I
Simposio galego de Terminoloxía: Terminoloxía e
planificación lingüística
Termigal e a Sección de Lingua do Consello da Cultura Galega
promoven con este congreso, un foro de debate sobre o desenvolvemento
terminolóxico galego. Ten como obxectivos non só
reflexionar sobre cuestións técnicas concretas ou
promover o intercambio de información entre profesionais
e persoas interesadas na Terminoloxía, senón tamén
crear unha rede que sirva para coordinar os esforzos e os recursos
existentes e que contribúa ó desenvolvemento das
industrias da lingua en Galicia.
O Simposio desenvolverase en sesións matinais, reservando
as sesións de tarde para as IV Xornadas de Traballo da
Asociación Española de Terminoloxía (AETER)
organizadas por Termigal. As sesións terán lugar
na sede de Termigal (6 de novembro) e na do Consello da Cultura
Galega (7 e 8 de novembro).
Coordinación:
Manuel González González
Henrique Monteagudo Romero
Coordinación
técnica: Iolanda Galanes Santos
Secretaría:
Rut Vázquez González
Obxectivos:
- Abordar
de modo sistemático e multilateral cuestións técnicas
na elaboración terminolóxica do galego.
- Inserir o galego no debate sobre a elaboración terminolóxica
peninsular.
- Dar a coñecer a infraestructura e os criterios que subxacen
na elaboración terminolóxica, ó persoal de
servicios lingüísticos.
- Presentar nun foro especializado os últimos avances na
producción de ferramentas e publicacións sobre terminoloxía
en Galicia.
- Xerar unha dinámica de contacto periódico entre
os elaboradores do corpus de especialidade galego e os consumidores
máis habituais e, asemade, difusores desa elaboración.
Datas:
Días
6, 7 e 8 de novembro de 2003 en sesións alternas e á
vez que as IV Xornadas de AETER.
Lugares:
Termigal (Centro
de Investigacións en Humanidades Ramón Piñeiro.
Estrada Santiago-Noia, km. 3. A Barcia. Santiago de Compostela).
Consello da Cultura Galega (Pazo de Raxoi, 2º andar - Praza
do Obradoiro, Santiago de Compostela).
Destinatarios/as:
Persoas que realizan traballo terminolóxico de modo central
ou transversal á súa actividade profesional: profesionais
da traducción, da redacción, da supervisión
lingüística, investigadores, especialistas das diferentes
áreas de coñecemento e calquera persoa interesada
na elaboración de léxicos, vocabularios, glosarios,
etc.