Centro de prensa
Salón de Actos
Noticias
Boletín
Centro de Ideas
Seccións
Congresos

Correos

Historia
Lexislación
Composición
Mediateca
Convocatorias
SCR
Exposicións











XORNADAS E CONGRESOS

[15, 16 e 17 de decembro de 2005]


SIMPOSIO INTERNACIONAL SOBRE A OBRA FILOLÓXICO-LINGÜÍSTICA DE ÁNGEL AMOR RUIBAL (1869-1930)

Hai agora cen anos Ángel Amor Ruibal, filólogo, filósofo e teólogo da entón Universidade Pontificia de Santiago de Compostela, publicou dúas obras pioneiras de Filoloxía e Ciencias da Linguaxe: os dous tomos de Los problemas fundamentales de la Filología Comparada. Su historia, su naturaleza y sus diversas relaciones científicas. Coa celebración deste Simposio internacional, a Sección de Filosofía e Pensamento do Consello da Cultura Galega quere conmemorar o centenario desta publicación, pretende situar a importancia filolóxico-lingüística do autor no marco da súa época e salientar a importancia que lle corresponde na historiografía española e europea.

Los problemas fundamentales de la Filología Comparada. Su historia, su naturaleza y sus diversas relaciones científicas (PFFC) publicáronse en dous tomos, o primeiro en 1904 (376 pp.) e o segundo en 1905 (736 pp.). Estas obras non só resumen o comparatismo decimonónico, senón que introducen en España os fundamentos epistemolóxicos do estudo da linguaxe e as súas relacións co pensamento e converten a Amor Ruibal nun dos teóricos máis relevantes nese campo; en España, sen dúbida ningunha, e tamén en Europa.

Era políglota e manexaba tanto linguas bíblicas e antigas —sánscrito, hebreo, grego, árabe, latín, siríaco, persa e copto— como modernas —español, galego, italiano, francés, inglés, alemán, etc. O coñecemento amplo de idiomas e das súas gramáticas permitíronlle facer un balance crítico, histórico e antropolóxico da estruturación sistemática e científica da linguaxe. Tales estudos, comezados aínda novo, con trinta e catro anos, precederon e acompañaron o sistema crítico e expositivo da súa filosofía e teoloxía, no que sen dúbida tiveron influencia decisiva. Foi así o primeiro filósofo e teólogo español no que este tipo de estudos cobrou profunda e orixinal relevancia.

- Organiza:
Sección de Filosofía e Pensamento
Consello da Cultura Galega

- Coordinador:
ANDRÉS TORRES QUEIRUGA [Consello da Cultura Galega e Universidade de Santiago de Compostela]

- Secretario:
ANTONIO DOMÍNGUEZ REY [UNED]

- Secretaria adxunta:
TERESA PÉREZ RODRÍGUEZ [Consello da Cultura Galega]

- Comité de honra:
ALFONSO ZULUETA DE HAZ
[Presidente do Consello da Cultura Galega]
ÁNXELA BUGALLO RODRÍGUEZ
[Conselleira de Cultura e Deporte-Xunta de Galicia]
JULIÁN BARRIO BARRIO
[Arcebispo de Santiago]
JOSÉ MARÍA BARJA PÉREZ
[Reitor da Universidade da Coruña]
SENÉN BARRO AMENEIRO
[Reitor da Universodade de Santiago]
DOMINGO DOCAMPO AMOEDO
[Reitor da Universidade de Vigo]

- Lugar de celebración:
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º Andar
15705 Santiago de Compostela - Galicia - (España)

 


Programa

Inscrición

Cartel (PDF 1,1 Mb)

Nota: ata o día anterior á celebración do Simposio admítense comunicacións sobre a filoloxía en Amor Ruibal, para a súa publicación nas actas previo análise dun comité científico.

Consello da Cultura Galega, 2005
Inicio | Historia | Lexislación | Seccións | Mediateca

Centro de prensa | Salón de Actos | Noticias | Boletín de novidades | Centro de Ideas

Xornadas e Congresos| Correo | Aviso legal

Pazo de Raxoi, 2º Andar
15704 Santiago de Compostela - Galicia - (España)
Tfno: 981 957202 | Fax: 981 957205