Centro de prensa
Salón de Actos
Noticias
Boletín
Centro de Ideas
Seccións
Congresos

Correos

Historia
Lexislación
Composición
Mediateca
Convocatorias
SCR
Exposicións











XORNADAS E CONGRESOS

[
11,12 e 13 de agosto de 2004]


XORNADAS "MAR POR MEDIO" - RIBADEO

A certeza de existir, o dereito de sabérmolo
A IMPORTANCIA DOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN PROPIOS NA SOCIEDADE MUNDIALIZADA


As xornadas desta edición de Mar por Medio pretenden afondar na necesidade de crear un discurso comunicativo propio desde Galicia para un contorno globalizado. Teóricos da universidade e expertos de prensa, radio, televisión e cibermedios debaterán as súas formulacións e propostas e incidirán na importancia dos medios de comunicación propios na sociedade actual. A sociedade da información e do coñecemento evidencia a consolidación da información como un ben prioritario de extraordinario peso cultural, económico e social na sociedade do século XXI. A salvagarda do dereito á información e da multidireccionalidade das correntes informativas resulta imprescindíbel para protexer o dereito das persoas a accederen a información veraz, plural e contrastada. O dereito de coñecermos a realidade preséntase como a garantía máxima da nosa liberdade como cidadáns e para iso cómpre asegurar os alicerces da sociedade democrática mediante a protección do dereito a ser informado, o dereito a informar, o dereito á protección da vida privada e o dereito a participar na comunicación pública. Nunha sociedade mundializada como a actual os medios de comunicación propios deben favorecer a creación dun discurso identitario que permita o acceso das culturas minoritarias ás correntes de información global. Desde esta óptica, a cultura propia afiánzase a partir da salvagarda do desenvolvemento cultural individual e do diálogo con outras culturas nunha corrente polifónica que nos posibilite estarmos no mundo.

- ORGANIZAN: Concellería de Cultura do Concello de Ribadeo (Lugo) e
Consello da Cultura Galega

- LUGAR: Auditorio Municipal de Ribadeo

- DIRECTOR DO CURSO: Xosé López García, coordinador da Sección Comunicación do Consello da Cultura Galega e profesor da Universidade de Santiago de Compostela

- SECRETARIA DO CURSO: Mariluz Álvarez Lastra, concelleira de Cultura do Concello de Ribadeo

- COORDINACIÓN E INTENDENCIA: Rosa Aneiros Díaz e Marta Pérez Pereiro (Consello da Cultura Galega) e Xavier Campos (Concello de Ribadeo)

- INSCRICIÓN: o custe de inscrición é de 30 € (20 € para estudantes, con xustificación). Concédese un crédito de libre configuración para as Facultades de Ciencias da Comunicación, Filoloxía e Xeografía e Historia da Universidade de Santiago.

A matrícula farase facendo o ingreso correspondente na conta que o Concello de Ribadeo ten en Caixanova: 2080 0365 41 0040004019 e entregando neste Concello o resgardo do ingreso bancario das taxas de matrícula xunto coa ficha de inscrición das xornadas cuberta.

- Prazo de inscrición: 26 xullo - 6 agosto

- Teléfonos de contacto (Ribadeo): 982 120 808 (Auditorio) / 982 128 650 (Cultura)

- Información:
Concello de Ribadeo
Praza de España, 1
27700 Ribadeo

982 128 650
982 120 808
 
Programa


Consello da Cultura Galega, 2004
Inicio | Historia | Lexislación | Seccións | Mediateca

Centro de prensa | Salón de Actos | Noticias | Boletín de novidades | Centro de Ideas

Xornadas e Congresos| Correo

Pazo de Raxoi, 2º Andar
15704 Santiago de Compostela - Galicia - (España)
Tfno: 981 957202 | Fax: 981 957205