[28
de setembro de 2006]
TERTULIA
"O ESCRIBIR TEN CANCELAS: AS FRONTEIRAS DA NARRATIVA"
A Sección
de Literatura e Industrias da Edición convoca a súa
tertulia mensual este xoves, día 28, ás 17:00 horas,
baixo o título "O escribir ten cancelas: as fronteiras
da narrativa". Tres escritores de diferente traxectoria,
Xosé Miranda, Diego Ameixeiras e Ramón Caride, analizarán
a incidencia dos xéneros narrativos na creación
de obras literarias.
Máis
información no soportal Lg3
___________________________________
[6
de outubro de 2006]
PRESENTACIÓN
DO COMITÉ INTERNACIONAL DE CIENCIAS HISTÓRICAS
O Comité
Internacional de Ciencias Históricas será presentado
no curso dun acto que se celebrará o día 6 de outubro
ás 19´00 horas no salón de actos do Consello
da Cultura Galega (CCG). Intervirán: Ramón Villares,
catedrático de Historia Contemporánea da Universidade
de Santiago e presidente do CCG, e José Luís Peset,
presidente da Sección Española do Comité
Internacional de Ciencias Históricas. O acto é aberto
ao público.
_____________________________________
[26
e 27 de outubro de 2006]
X ENCONTROS
PARA A NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
O Centro de
Documentación Sociolingüística de Galicia do
CCG celebrará os días 26 e 27 de outubro a décima
edición dos Encontros para a Normalización Lingüística.
Esta cita anual constitúe o punto de encontro, reflexión,
análise e debate dos especialistas en planificación
lingüística e das persoas que desenvolven o seu labor
profesional nos diferentes servizos lingüísticos das
administracións galegas e en entidades privadas.
Máis
información, programa e inscrición