Centro de prensa
Salón de Actos
Noticias
Boletín
Centro de Ideas
Seccións
Congresos

Correos

Historia
Lexislación
Composición
Mediateca
Convocatorias
SCR
Exposicións











XORNADAS E CONGRESOS

[Do 11 ao 14 de xullo de 2006]


CONGRESO INTERNACIONAL
GALICIA: ÉXODOS E RETORNOS


DOCUMENTO DE AUDIO

Homenaje a la lengua gallega (1956)

Rodolfo Prada inaugura esta homenaxe á lingua no marco das actividades paralelas ao I Congreso da Emigración Galega celebrado en Bos Aires en xullo de 1956. No acto interviron Rodolfo Prada, Ramón Suárez Picallo (pódense escoitar no fragmento de audio) e tamén Julieta Paz e Fritz Kruger. Celebrouse na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Bos Aires en Xullo de 1956.
.

Escoitar o documento en culturagalega.org


A cidade de Bos Aires acolleu entre o 24 e o 31 de xullo de 1956 o I Congreso da Emigración Galega, no que se conmemoraba o centenario do Banquete de Conxo. A este congreso asistiron representacións de diferentes colectividades emigradas e exiliadas dispersas por América, así como intelectuais galegos, que debateron ao longo deses días os principais aspectos da emigración galega.

Cincuenta anos despois, o Arquivo da Emigración Galega considera que cómpre facer unha lembranza deste Congreso e realizar
unha homenaxe ás persoas que o organizaron e participaron
nel. Pero tamén entende que é necesario abrir de novo o debate
sobre os fenómenos emigratorios, nun momento en que Galicia
deixou de ser un país emigratorio –aínda que con importantes
colectividades asentadas fóra das nosas fronteiras– a ser un lugar
de recepción de correntes inmigratorias.

Por este motivo invitamos a estudosos e especialistas nos movementos migratorios a reunirnos en Santiago de Compostela do 11 ao 14 de xullo para analizar historicamente a emigración e reflexionar sobre os novos retos que supoñen tanto a inmigración como a preservación da nosa identidade nas colectividades emigrantes.


- Estructura do congreso:

O Congreso constará de conferencias, relatorios, intervencións
en mesas redondas e comunicacións, que se organizarán nas
seguintes seccións.

— A PARTIDA E AS CAUSAS DA EMIGRACIÓN
— OS PROCESOS DE INSERCIÓN E O ASOCIACIONISMO
— OS RETORNOS E A INMIGRACIÓN
— A MEMORIA DA EMIGRACIÓN E O EXILIO

- Comité científico e organizador:

Xosé Ramón Barreiro Fernández
Pilar Cagiao Vila
Fernando Devoto
Francisco Durán Villa
José C. Moya
Xosé Manoel Nuñez Seixas
Vicente Peña Saavedra
Alexandre Vázquez González
Ramón Villares Paz

- Secretaría do congreso:

Arquivo da Emigración Galega
Consello da Cultura Galega

Pazo de Raxoi, 2º Andar
15705 Santiago de Compostela - Galicia - (España)
Tfno: 981 957202 | Fax: 981 557351
aemigracion@consellodacultura.org

 




Programa

Inscrición pechada

Presentación de comunicacións

Tríptico 1 (PDF 564 Kb)

Tríptico 2 (PDF 285 Kb)

 

Consello da Cultura Galega, 2006
Inicio | Historia | Lexislación | Seccións | Mediateca

Centro de prensa | Salón de Actos | Noticias | Boletín de novidades | Centro de Ideas

Xornadas e Congresos| Correo | Aviso legal

Pazo de Raxoi, 2º Andar
15704 Santiago de Compostela - Galicia - (España)
Tfno: 981 957202 | Fax: 981 957205