Centro de prensa
Salón de Actos
Noticias
Boletín
Centro de Ideas
Seccións
Congresos

Correos

Historia
Lexislación
Composición
Mediateca
Convocatorias
SCR
Exposicións











XORNADAS

[9 e 10 de xuño de 2006]


V ENCONTROS CULTURA E CONCELLOS
"A ACCIÓN CULTURAL NOS ESPAZOS URBANOS
"

O Consello da Cultura Galega (CCG) celebrará os días 9 e 10 de xuño a quinta edición dos encontros Cultura e Concellos, que nesta ocasión xirará arredor da "Acción cultural nos espazos urbanos". As xornadas comezarán cun relatorio do director do Observatorio Cultural do Languedoc-Roussillon, Emmanuel Negrier, sobre As políticas culturais das áreas metropolitanas. Coa súa intervención darán comezo dous días de diálogo e análise sobre a acción cultural urbana, sobre as súas características, protagonistas e espazos, nas que se reunirán actores culturais galegos e foráneos para intercambiar información, coñecementos e iniciativas nun fructífero diálogo entre territorios e realidades culturais diferentes.

Con este obxectivo, o primeiro día de traballo, ademais da intervención de Negrier, exporán a súa experiencia en acción cultural o director do Centre d'Estudis i Recursos Culturals de Barcelona, Eduard Miralles, xunto a técnicos culturais de cidades como Eibar, Guimarães, Granollers e da Fundación Barrié de la Maza. O segundo día, as xornadas comezarán cunha intervención de Antonio Fraguas "Forges" sobre "A Cultura na cidade, vivir a cidade" e continuará cunha mesa redonda sobre os actores e espazos da acción cultural urbana na que participarán o director do CGAC, Manuel Olveira; a directora da Fundación Luís Seoane, Silvia Longueira; Xesús Ron, da Sala Nasa; Xabier Paz, da Libraría Torga-Ourense, e a profesora Ana Belén Fernández. Pechará o encontro o presidente da FEGAMP, Xosé Crespo.

A celebración destas xornadas faise ante a idea de que se o rural é o espazo da preservación da memoria, o urbano foi o ámbito no que a cultura se secularizou abríndose á praza pública e ao alento da sociedade civil. Hai que lembrar que foi na cidade moderna onde agromaron as formulacións máis elaboradas e ambiciosas sobre a base das cales a cultura se constituíu nunha proposta reflexiva e nun logro no camiño da emancipación colectiva. Deste xeito, hoxe en día, as políticas culturais urbanas constitúen un soporte institucional imprescindible para unha articulación social, política e territorial eficiente, capaz de dar conta dos profundos cambios que a nosa sociedade está a experimentar nestes inicios do século XXI.

- Coordinadores:
Xan Bouzada, Héctor Pose, Manuel Pérez Rúa e Lois Rodríguez Andrade

- Organización:
Consello da Cultura Galega
Comisión Técnica de Acción Cultural

- Lugar:
Salón de actos do Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º Andar
15705 Santiago de Compostela

Tfno: 981 957202
Fax: 981 957205

- Máis información:
correo@consellodacultura.org



 



Programa

Inscrición gratuíta

Tríptico das xornadas. PDF 859 Kb

Actas dos I Encontros Cultura e Concellos

Actas dos II Encontros Cultura e Concellos

Actas dos III Encontros Cultura e Concellos

 

 

Consello da Cultura Galega, 2006
Inicio | Historia | Lexislación | Seccións | Mediateca

Centro de prensa | Salón de Actos | Noticias | Boletín de novidades | Centro de Ideas

Xornadas e Congresos| Correo | Aviso legal

Pazo de Raxoi, 2º Andar
15704 Santiago de Compostela - Galicia - (España)
Tfno: 981 957202 | Fax: 981 957205