Centro de prensa
Salón de Actos
Noticias
Boletín
Centro de Ideas
Seccións
Congresos

Correos

Historia
Lexislación
Composición
Mediateca
Convocatorias
SCR
Exposicións











XORNADAS E CONGRESOS

[1 e 2 de xuño de 2006]


ASESORES LINGÜÍSTICOS NA GALICIA ACTUAL

A importancia atribuída na actualidade á calidade lingüística e da comunicación está a crear demandas específicas de profesionais de apoio para garantir un uso adecuado e correcto do idioma galego. Esta demanda non é nova posto que estivo tradicionalmente ligada a sectores relacionados coa edición textual, mais actualmente esténdese a outros ámbitos e, así, amplíanse tamén as demandas formativas destes profesionais. Para analizar esta nova situación, a Sección de Lingua do Consello da Cultura Galega e a Coordinadora de Traballadores/as pola Normalización Lingüística celebrarán os días un e dous de xuño un seminario sobre a figura e o traballo dos asesores lingüísticos na Galicia actual.

As necesidades de entidades privadas e singularmente das entidades públicas están a mudar, así como tamén as metodoloxías, ferramentas de traballo e mesmo o perfil formativo dos profesionais do asesoramento
lingüístico. Coñecermos estas mudanzas e compartir as nosas experiencias profesionais é un obxectivo inicial para consolidarmos un sector profesional de servizos en emerxencia.

Traballar sobre un texto, oral ou escrito, ou sobre un produtor de textos implica diferenzas metodolóxicas e de enfoque do traballo. Diferenzas que nalgúns casos se materializan en estruturas de traballo concibidas con obxectivos ben diferentes, mais con técnicas, ferramentas e dinámicas comúns. Compartir o que temos en común e o específico de cada sector en que opere o asesor lingüístico: Administración, sector editorial e audiovisual, medios de comunicación, etc., amais de coñecer e compartir a problemática concreta do traballo diario no contexto galego, proporcionaralles aos asesores elementos de análise para desenvolver procedementos orientados a extraer a maior eficacia e a máxima eficiencia no exercicio do seu labor.

Aínda máis, é importante tamén entender a posición do asesor dentro
destes mercados, cales son as súas condicións laborais ou os diferentes sectores en que se empregan, a necesidade de crear foros profesionais de intercambio de información e coñecer e difundir aqueles puntos de referencia profesional (asociacións, sociedades, etc.) que poden ser de apoio para todo asesor lingüístico, impulsar a proxección destes profesionais e, de ser o caso, o recoñecemento da profesión. Só garantindo a profesionalización podemos asegurar a calidade nos servizos, o que redunda certamente na garantía da calidade lingüística e na proxección social da imaxe da lingua galega.

- Metodoloxía:
O seminario desenvolverase en mesas de traballo onde o debate moderado será a ferramenta principal para intercambiar experiencias e información. Estas mesas serán abertas á intervención do público
asistente para o que se solicita unha participación activa co obxectivo de enriquecer o seminario.

- Dirixido a:
Asesores lingüísticos, técnicos de Servizos de Normalización Lingüística e de Servizos Lingüísticos, correctores, tradutores e todos aqueles profesionais e persoas interesadas.

- Lugar de celebración:
Salón de actos do Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º Andar
Santiago de Compostela

- Organizan:
Consello da Cultura Galega. Sección de Lingua
Coordinadora de Traballadores/as pola Normalización Lingüística

- Coordinador: Xoán Antón Lado Lago

- Máis información: lingua@consellodacultura.org





Programa

Díptico do seminario.
PDF 2,4 Mb

Seminario aberto, sen inscrición previa

Consello da Cultura Galega, 2006
Inicio | Historia | Lexislación | Seccións | Mediateca

Centro de prensa | Salón de Actos | Noticias | Boletín de novidades | Centro de Ideas

Xornadas e Congresos| Correo | Aviso legal

Pazo de Raxoi, 2º Andar
15704 Santiago de Compostela - Galicia - (España)
Tfno: 981 957202 | Fax: 981 957205