ARTE: IDENTIDADE E GLOBALIZACIÓN
A
Sección
de Artes Plásticas do Consello da Cultura Galega celebrará
durante o mes de xullo un seminario que baixo o título
"Arte: identidade e globalización" reunirá
na capital galega a destacados creadores, críticos, teóricos
e directores de centros de arte para analizar o que se está
facendo en distintos focos artísticos activos na península
que destacan pola súa situación periférica
e pola forte presenza da súa identidade e memoria, como
Cataluña, País Vasco, Lisboa e Andalucía.
Para
achegarse á topografía social, cultural e política
que afecta a cada unha destas xeografías, participarán
no encontro algúns dos máis activos profesionais
do sector neste momento, como Lourdes Fernández, directora
de ARCO, Rafael Doctor,
director do Museo de Arte Contemporánea
de León (MUSAC), o creador Santiago Cirugeda ou a crítica
Anna María Guasch.
Ademais
dos xa citados, a lista de participantes contempla a participación
dun amplo abano de responsables de destacados centro de arte,
como Juan de Nieves, director do Espai
d'Art Contemporani de Castelló (EACC), Pedro G. Romero,
director do Centro das Artes de Sevilla, Nuria Enguita Mayo, directora
de Proxectos da Fundació
Antoni Tàpies, Pedro Lapa, director do Museo do Chiado,
Silvia Longueira, directora da
Fundación Luis Seoane e Manuel Olveira, director do
CGAC. A visión dos creadores
estará representada por nomes como Toño Barreiro,
Carme Nogueira, Daniel García Andújar, Manuel Vilariño,
Antón Patiño, Francesc Abad e Fernando José
Pereira. Completan o programa os comisarios Nilo Casares, Jesús
Rubio, Peio Aguirre, Miguel von Hafe Pérez e os teóricos
Javier Hernando, Alberto Ruiz de Samaniego e Pedro de Llano Neira.
Coa
celebración deste encontro, a Sección de Artes Plásticas
quere continuar aportando novas perspectivas na formación
dos profesionais galegos e novos elementos ao debate da creación
actual en Galicia.
-
Coordinadores:
Iago
Seara e María
Luísa Sobrino
-
Organización:
Sección
de Artes Plásticas do Consello da Cultura Galega
-
Lugar:
Salón de actos do Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º Andar
15705 Santiago de Compostela
Tfno: 981 957202
Fax: 981 957205
-
Máis información:
artplasticas@consellodacultura.org