Centro de prensa
Salón de Actos
Noticias
Boletín
Centro de Ideas
Seccións
Congresos

Correos

Historia
Lexislación
Composición
Mediateca
Convocatorias
SCR
Exposicións











XORNADAS E CONGRESOS

[30 de novembro e 1 de decembro de 2005]


Xornadas sobre:
DOCUMENTACIÓN E PODER NA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN: O PAPEL DOS ARQUIVOS E OS OBSERVATORIOS DE COMUNICACIÓN

O Arquivo de Comunicación do Consello da Cultura Galega celebrará osdías 30 de novembro e 1 de decembro as xornadas sobre "Documentación e poder na sociedade da información: o papel dos arquivos e os observatorios de comunicación". O encontro contará coa participación de destacados investigadores e representantes dalgúns dos principais medios de comunicación galegos e estatais. Entre eles, o xornalista e director de Le Monde Diplomatique Ignacio Ramonet, que expoñerá a súa visión sobre os grandes cambios que está sufrindo a comunicación no novo século e sobre os seus retos de futuro.

O encontro e a participación destes expertos supón un importante paso máis no intento de establecer unha ponte de comunicación entre a teoría e a práctica, entre os académicos e os profesionais do sector, para debater sobre o poder da documentación na actual sociedade da información, desbordada en numerosas ocasión polo inxente caudal de datos e opinións que chegan aos medios e aos cidadáns día a día. Os organizadores do encontro destacan a importancia de reflexionar sobre estes aspectos porque a celeridade da información na actualidade implica establecer canles para a súa conservación, localización e uso nun tempo en que prima a caducidade e as dificultades de almacenamento dada a cantidade inxente de datos producidos. A frase "quen ten a información ten o poder" farase cada vez máis patente nos vindeiros anos e converterase nun importante factor económico de uso e cambio, así como necesario alicerce para recuperarmos a memoria.

-Organiza:
Arquivo de Comunicación
Consello da Cultura Galega

- Coordinadores:
Xosé López
Xosé Rúas
María Antonia Pérez Rodríguez
María do Carmen Pérez Pais
Rosa Aneiros Díaz

- Lugar de celebración:
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º Andar
15705 Santiago de Compostela - Galicia - (España)

 


Programa

Inscrición

Tríptico (PDF 606 Kb)

Nota de prensa

Consello da Cultura Galega, 2005
Inicio | Historia | Lexislación | Seccións | Mediateca

Centro de prensa | Salón de Actos | Noticias | Boletín de novidades | Centro de Ideas

Xornadas e Congresos| Correo | Aviso legal

Pazo de Raxoi, 2º Andar
15704 Santiago de Compostela - Galicia - (España)
Tfno: 981 957202 | Fax: 981 957205