Centro de prensa
Salón de Actos
Noticias
Boletín
Centro de Ideas
Seccións
Congresos

Correos

Historia
Lexislación
Composición
Mediateca
Convocatorias
SCR
Exposicións











XORNADAS

[4, 5 e 6 de maio de 2006]


XORNADAS
"A ARQUITECTURA DESDE CASTELA - A MANCHA, AZORES E MADEIRA"

A Sección de Arquitectura do Consello da Cultura Galega (CCG) vén analizando nos últimos anos de xeito pormenorizado a arquitectura de distintos focos de especial significación creativa nos nosos días. Froito deste proxecto e baixo o título "Arquitectura e Identidade Cultural" celebráronse diferentes xornadas sobre a situación actual e a historia da arquitectura en Lisboa, Cataluña, País Vasco, Navarra, Madrid, Andalucía e Canarias, onde algúns dos máis destacados arquitectos e teóricos de cada territorio ofreceron un achegamento ordenado e metódico á súa traxectoria e á da arquitectura da súa comunidade.

Continuando neste proceso, o CCG organiza agora as xornadas "A Arquitectura desde Castela-A Mancha, Azores e Madeira", coas que pretende ofrecer por vez primeira en Galicia unha visión ampla e pluriperspectiva da arquitectura neses territorios. Trátase, en realidade, de dúas convocatorias celebradas de xeito sucesivo nas que o nexo de unión serán os debates entre arquitectos e investigadores destes tres territorios. A pesares de ser áreas moi diferentes entre si, con problemáticas propias e con perspectivas de futuro claramente diferenciadas, son, ao mesmo, tempo, territorios que comparten un presente común de inquedanza cultural, de vontade de renovación e de intención de instalarse na vangarda creativa e investigadora.

Tanto Castela-A Mancha como Azores e Madeira son territorios culturalmente pouco explorados fóra das súas fronteiras, quedando en moitas ocasións á sombra das grandes áreas como Madrid ou Lisboa. Sen embargo, nos últimos anos están a dar sinais dunha reactivación cultural de enorme interese que, no terreo arquitectónico, vese reflectida na aparición de novos profesionais e dunha actitude crítica sen precedente nestes territorios. No caso de Azores e Madeira son o propio carácter insular, xunto coa distancia ós grandes centros de ensino e de actividade cultural e unha poboación moi reducida os que tradicionalmente condicionaron este illamento, mentres que en Castela-A Mancha son probablemente a proximidade á capital do estado e a enorme extensión do seu territorio, cunha poboación moi atomizada, os factores determinantes da súa evolución.

A Sección de Arquitectura quere suscitar a dialéctica entre zonas tradicionalmente moi afastadas, establecer diálogos entre profesionais que xorden de contextos radicalmente diferentes pero que afrontan problemáticas semellantes na súa vontade de modernidade. Deste xeito, preténdese afondar no estudo das claves para o desenvolvemento de áreas tradicionalmente esquecidas, destas illas culturais que traballan por atopar o seu lugar dentro da cultura contemporánea peninsular e que están a ofrecer interesantes exemplos de independencia creativa e de reflexión arredor do feito arquitectónico sen renunciar por isto á súa ampla tradición cultural.

O Consello da Cultura Galega presenta estas Xornadas como resultado dun esforzo por divulgar entre o público galego a actual arquitectura, pero tamén como un paso máis no establecemento de novos lazos culturais e puntos de referencia para continuar traballando na formación dos profesionais e investigadores da arquitectura en Galicia. O obxectivo é establecer diálogos entre profesionais que xorden de contextos radicalmente diferentes pero que afrontan problemáticas semellantes na súa vontade de modernidade, tratando de afastarse de ideas preconcibidas e subliñando as liñas de actividade e de creatividade que nestes momentos están a cobrar forma.

- Coordinadores:

LAURA ESPEJO, ARTURO FRANCO E IAGO SEARA


- Organización:

Sección de Arquitectura
Consello da Cultura Galega

- Lugar:

Salón de actos do Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º Andar
15705 Santiago de Compostela

Tfno: 981 957202
Fax: 981 957205

- Máis información:

artplasticas@consellodacultura.org



 

Programa

Inscrición gratuíta

Cartel das xornadas. PDF

Galería de fotos

castela_azores0001 castela_azores0002

Carla Baptista + Freddy Ferreira César + Rodrigo Cascais (Risco A4)

Inês Vieira da Silva + Miguel Vieira (SAMI-arquitectos)
castela_azores0003 castela_azores0004
Paulo David

Josefa Blanco Paz + José Ramón de la Cal (Paz + Cal arquitectura)

castela_azores0005 castela_azores0006

Manuel de las Casas

Javier Bernalte + José Luis León (Bernalte y León)

castela_azores0007 castela_azores0008

Pedro Machado Costa + Célia Gomes (AS*)

Ignacio Mendaro Corsini

castela_azores0009 castela_azores0010

Juan LLorente + Eduardo Pérez + Miguel Ángel Sánchez (LLPS arquitectos)

Bernardo Rodrigues

Completa información sobre o proxecto "Arquitectura e Identidade Cultural"

 

Consello da Cultura Galega, 2006
Inicio | Historia | Lexislación | Seccións | Mediateca

Centro de prensa | Salón de Actos | Noticias | Boletín de novidades | Centro de Ideas

Xornadas e Congresos| Correo | Aviso legal

Pazo de Raxoi, 2º Andar
15704 Santiago de Compostela - Galicia - (España)
Tfno: 981 957202 | Fax: 981 957205