XORNADAS
"A
ARQUITECTURA DESDE ANDALUCÍA"
A
Sección de Arquitectura do Consello da Cultura Galega (CCG)
está analizando pormenorizadamente a arquitectura de distintos
focos de especial significanción nos nosos días.
Con este obxectivo, celebrou diferentes xornadas sobre a situación
actual e a historia da arquitectura en Lisboa, Cataluña,
País Vasco, Navarra e Madrid. Proseguindo
neste proceso, o CCG organiza agora as xornadas "A Arquitectura
desde Andalucía", coas que pretenden ofrecer por vez
primeira en Galicia unha visión ampla e pluriperspectiva
da arquitectura nesa Comunidade. Destacados arquitectos, críticos
e investigadores compartirán tres días de debate
e reflexión sobre as súas traxectorias e obras,
sobre os seus coñecementos e opinións sobre a arquitectura
andaluza.
As Xornadas
afondarán na definición do carácter de área
cultural do sur peninsular, na súa personalidade heteroxénea
e diversa froito das diferentes tendencias e escolas que existen
nas provincias desta Comunidade. Unha sorte de espazo complexo,
sempre nun constante proceso de evolución cultural que
a Sección de Arquitectura do CCG non podía deixar
de subliñar.
O encontro
contará coa participación de prestixiosos profesionais
de diversas zonas e xeracións co obxectivo de ofrecer unha
visión tanto histórica como actual da arquitectura
andaluza. Juan Domingo Santos, Ramón de Torres López,
Ramón Pico Valimaña, o equipo Cruz & Ortiz,
Guillermo Vázquez Consuegra ou José Morales Sánchez,
entre outros, aportarán pautas para coñecer e analizar
o pasado, presente e futuro desta paisaxe, cultural, arquitectónica
e contemporánea, de Andalucía.
-
Coordinadores:
Víctor Pérez Escolano e Iago Seara Morales
- Organización:
Sección
de Arquitectura
Consello
da Cultura Galega
-
Lugar:
Salón de actos do Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º Andar
15705 Santiago de Compostela
Tfno: 981 957202
Fax: 981 957205
-
Máis información:
correo@consellodacultura.org