|
SECCIÓN
DE
PATRIMONIO HISTÓRICO |
Baixo o nome
de Comisión de Patrimonio Histórico, Artístico
e Monumental, o catedrático Xosé Ramón Barreiro
Fernández, C. García Martínez e U. Romero Pose propuxéronlle
ao Consello da Cultura Galega a creación deste grupo de
traballo, que foi definitivamente aprobado e posto en marcha o
3 de novembro de 1984, tendo como primeiro coordinador ao propio
historiador Barreiro Fernández.
Eduardo Pardo de Guevara y Valdés é o actual coordinador
da Sección de Patrimonio
Histórico, que ten creada a Comisión
Técnica de Patrimonio Histórico.
|
| PROXECTOS
EN MARCHA |
|
| |
Colección
de "Fontes para a historia de Galicia"
Este amplo proxecto pretende recoller documentación
inédita sobre a historia de Galicia, especialmente
as teses antigas. O obxectivo da iniciativa é pór
en disposición dos investigadores unha serie de materiais
fundamentais para o estudo da historia do país.
O primeiro
volume que se publicará será "Os documentos
do tombo de Toxos Outos", unha recompilación
de documentos xerados por este enclave do noroeste peninsular,
que desenvolveu un papel decisivo no medievo galego. Seguiralle
a "Colección diplomática da Catedral de
Lugo: século XIV".
A colección
contará tamén coa reedición de obras
como "Documentos da catedral de Lugo: século XV",
"Colección diplomática do Arquivo da Catedral
de Mondoñedo: transcrición íntegra dos
documentos" e "Libro de notas de Álvaro Afonso.
Ourense, 1434".
|
Frei Malaquías
Esta Sección, en colaboración co Instituto de Estudos
Galegos
Padre Sarmiento, traballa na recuperación do manuscrito de
Frei Malaquías "Cronología de los jueces de Castilla".
A
arte barroca en Santiago
Este estudo, de futura publicación, consiste nunha exhaustiva
análise sobre o desenvolvemento da arte barroca en Santiago
de Compostela, realizada por Socorro Ortega.
|
|
| Consultas/listas
de correo |
-Podes
realizar consultas directas sobre patrimonio histórico ós
membros.
-Podes recibir noticias sobre as actividades da Sección no
teu correo electrónico.
phistorico@consellodacultura.org
|
|
|
|