DIRECTORIO
Centro de prensa
Salón de Actos
Noticias
Boletín
Centro de Ideas
Seccións
Congresos

Correos

Historia
Lexislación
Composición
Mediateca
Convocatorias
SCR
Exposicións





SECCIÓN DE
PATRIMONIO NATURAL


A Sección de Patrimonio Natural naceu o 3 de novembro de 1984, apenas un ano despois de que comezase a funcionar o Consello. Francisco Díaz-Fierros, Francisco Río Barja e Ernesto Viéitez Cortizo, o seu actual coordinador, foron os promotores deste grupo de traballo.


PROXECTOS EN MARCHA


 

Proxecto sobre a flora e a fauna das illas do Parque Natural das Illas Atlánticas
Un equipo da Sección de Patrimonio Natural está estudando a composición da flora e fauna das illas de Ons e Cíes.

Colección As árbores de Galicia
Tras a edición do primeiro volume desta serie, dedicado á bioloxía e patoloxía do castiñeiro, esta sección prepara agora unha nova publicación, esta vez centrada no carballo. As árbores de ribeira serán o seguinte tema de estudo desta serie.

"Galicia na Idade de Xeo"
Esta investigación pretende estudar os aspectos climatolóxicos, morfolóxicos, faunísticos e florísticos do holoceno en Galicia.

Edición facsímile de "Flora descritiva e ilustrada de Galicia"
Co gallo do centenario desta obra en 2006, o Consello da Cultura Galega homenaxeará ao seu autor, P. Baltasar Merino.

Reedición de publicacións de divulgación sobre medio ambiente
As publicacións "A natureza ameazada" e o "Atlas dos vertebrados de Galicia" serán reeditadas proximamente.

Membros

Sección


Publicacións en rede


- A natureza ameazada 2004

- O castiñeiro: bioloxía e patoloxía

-Un novo mundo para un home universal: partida de Humboldt desde A Coruña cara á súa viaxe americana.

mediateca dixital

Consultas/listas de correo
-Podes realizar consultas directas sobre patrimonio natural ós membros.

-Podes recibir noticias sobre as actividades da Sección no teu correo electrónico.
pnatural@consellodacultura.org


 

Consello da Cultura Galega, 2006
Inicio | Historia | Lexislación | Seccións | Mediateca

Centro de prensa | Salón de Actos | Noticias | Boletín de novidades | Centro de Ideas

Xornadas e Congresos| Correo | Aviso legal

Pazo de Raxoi, 2º Andar
15705 Santiago de Compostela - Galicia - (España)
Tfno: 981 957202 | Fax: 981 957205