DIRECTORIO
Centro de prensa
Salón de Actos
Noticias
Boletín
Centro de Ideas
Seccións
Congresos

Correos

Historia
Lexislación
Composición

Mediateca
Convocatorias
SCR
Exposicións





SECCIÓN DE LINGUA  

Informe de Política Lingüística e Normalización (1998-2001)

Informe cualitativo/avaliativo das iniciativas que se están levando adiante desde diferentes ámbitos en materia de lingua. Do mesmo xeito, a Sección está interesada en coñecer o impacto no seu prestixio, coñecemento e uso, analizando a adecuación e eficacia dos medios legais, institucionais, humanos, materiais e económicos, en diferentes ámbitos de actuación.


Áreas de estudio

Áreas de estudio
Tendo en conta os ambiciosos obxectivos do Informe, tivéronse que establecer diferentes áreas de traballo:

a) Administracións públicas
Diagnóstico sociolingüístico actualizado da situación do proceso de normalización da lingua galega nas administracións radicadas en Galicia.

b) Difusión da lingua
Análise de medios e medidas que inciden na elaboración do corpus da lingua e na súa difusión, principalmente en medio especializado.

c) Empresa
Estudio da efectividade e resultados das medidas de promoción da lingua orientadas á normalización da lingua no mundo empresarial.

d) Ensino
Análise cuantitativa do uso da lingua e da súa consideración entre os diferentes colectivos integrantes da comunidade escolar en centros educativos de primaria de toda Galicia e análise cualitativa de casos e a súa tipoloxía.

c) Politoloxía
Análise dos contidos lingüísticos do discurso político, das medidas lexislativas e das iniciativas parlamentarias relacionadas coa lingua galega nas últimas décadas.
Subir

 








 

 

Consello da Cultura Galega, 2005
Inicio | Historia | Lexislación | Seccións | Mediateca

Centro de prensa | Salón de Actos | Noticias | Boletín de novidades | Centro de Ideas

Xornadas e Congresos| Correo

Pazo de Raxoi, 2º Andar
15705 Santiago de Compostela - Galicia - (España)
Tfno: 981 957202 | Fax: 981 957205