 |
O FORO DO BURGO DE CALDELAS
O documento
máis antigo escrito en galego en Galicia data de 1.228,
do reinado de Alfonso IX, e está custodiado no arquivo
da Casa de Alba en Madrid.
Consulte
o documento e a súa historia
|
Informe
de Política Lingüística e Normalización (1998-2002)
Informe
cualitativo/avaliativo das iniciativas en materia de lingua e o
impacto no seu prestixio, coñecemento e uso; analizando a adecuación
e eficacia dos medios legais, institucionais, humanos, materiais
e económicos, en diferentes ámbitos de actuación.
Máis
información
Proxecto
Terminoloxía
A
Sección de Lingua do Consello da Cultura Galega está
traballando dende comezos de 2003 nun proxecto de investigación
sobre A terminoloxía en Galicia. Un dos obxectivos
deste proxecto é a compilación de recursos e a coordinación
de esforzos neste campo, para o que prevé editar un censo
de productos e productores de terminoloxía en Galicia. Outro
dos obxectivos é a coordinación de efectivos e productores
para o que creou unha lista de correo especializada e prevé
a realización dun encontro científico. Tamén
se publicará algunha ferramenta para o traballo terminolóxico
neste ano.
Colaboración
co simposio "Lingua e Territorio"
O
Consello da Cultura Galega colabora co Instituto da Lingua Galega
na celebración da cuarta edición do simposio "Lingua
e Territorio", que terá lugar entre o 4 de novembro
e o 3 de decembro de 2004. O encontro centrarase, coa axuda de especialistas
de distintas disciplinas, nas fronteiras lingüísticas
interiores e nas razóns da organización xeográfica
que se manifesta a través da variación lingüística.
Máis
información, programa e inscrición
Outras
actividades
Edición de obras relacionadas coa difusión e o status da lingua,
a organización de encontros con científicos e profesionais galegos
e foráneos especializados en planificación lingüística, terminoloxía
e didáctica da lingua, etc.
|