| |
O CONSELLO DA CULTURA GALEGA CONDENA E REPUDIA OS ATENTADOS
PERPETRADOS EN MADRID
SANTIAGO
DE COMPOSTELA, 11 de marzo de 2004.- Ante os terríbeis
atentados perpetrados esta mañá en Madrid, o
Consello da Cultura Galega (CCG) expresa:
1.- A súa máis firme repulsa e condena destas
accións criminais dirixidas contra toda a sociedade
española.
2.- A
súa emocionada solidariedade e apoio ás víctimas,
aos seus familiares e aos seus compañeiros e amigos,
e a todo pobo madrileño.
3.- A súa adhesión ás xornadas de loito
decretadas oficialmente. O Consello suspendeu os actos públicos
que tiña previstos nestes días.
4.- O CCG fai tamén un chamamento á cidadanía
e aos responsábeis políticos para que todos
manteñamos a firmeza, a serenidade e a unidade contra
os inimigos da liberdade e, ao tempo, poidamos fortalecer
a convivencia nunha sociedade plural e democrática.
|
| |
GALAXIA SUSPENDE OS ACTOS DE PRESENTACIÓN NO CONSELLO
DA CULTURA GALEGO DO LIBRO " A HISTORIA DE GALICIA",
DE RAMÓN VILLARES
SANTIAGO
DE COMPOSTELA, 11 de marzo de 2004.- Ante os terríbeis
atentados perpetrados en Madrid esta mañá, a
Editorial Galaxia decidiu suspender e pospoñer a celebración
da rolda de prensa e o acto público de presentación
do libro A HISTORIA DE GALICIA, de Ramón Villares.
Os actos estaban previstos para as 12´00 e as 19´00
horas no Consello da Cultura Galega.
|
| |
O CONSELLO
DA CULTURA GALEGA LEMBRA A CARLOS CASARES NO CABODANO DA SÚA
MORTE
SANTIAGO
DE COMPOSTELA, 8 de marzo de 2004.- O Consello da Cultura
Galega (CCG) lembra estes días ao seu anterior presidente,
Carlos Casares Mouriño, con motivo do segundo aniversario
da súa morte, ocorrida repentinamente o 9 de marzo
de 2002. Escritor, catedrático de Literatura, director
da Editorial Galaxia, Casares sempre será recordado
nesta institución polo seu esforzo para conseguir que
CCG fose un lugar de debate, reflexión e encontro entre
tendencias, ideoloxías e políticas.
Biografía
Especial
de culturagalega.org "Carlos Casares, a morte dun escritor"
|
| |
O CONSELLO TENDE PONTES DE INTERCAMBIO CULTURAL COA MELLOR ARQUITECTURA
VASCO-NAVARRA
SANTIAGO
DE COMPOSTELA, 5 de marzo de 2004.- O Consello da Cultura
Galega (CCG) acolleu hoxe a segunda sesión das xornadas
"A arquitectura vasco-navarra", que desde o xoves
e até o sábado pretenden ofrecer unha visión
global e pluridisciplinar da actual arquitectura destas comunidades
de man de 18 dos seus máis relevantes arquitectos e
investigadores. O obxectivo último, como sinala o presidente
do CCG, Alfonso Zulueta de Haz, é estabelecer "pontes
de coñecemento, cooperación e intercambio desde
Galicia cara outros ámbitos culturais", para enriquecer
a formación dos profesionais galegos e da arquitectura
galega.
Máis
información e programa
|
| |
EXPERTOS
RECLAMAN NO CCG UNHA ARQUITECTURA DE SERVIZO FÓRA DA
ESPECULACIÓN E DA SUPERFICIALIDADE
SANTIAGO
DE COMPOSTELA, 4 de marzo de 2004.- O Consello da Cultura
Galega (CCG) acolle desde esta mañá e até
o vindeiro sábado as xornadas "A arquitectura
vasco-navarra", organizadas pola Sección de Arquitectura
do CCG e nas que participan preto dunha vintena dos mellores
profesionais desas comunidades. Na súa primeira sesión,
o profesor Francisco José Mangado destacou que "nunca
como agora se fala tanto e tan pouco da arquitectura",
criticando a superficialidade, especulación e reducionismo
con que se aborda a arquitectura nalgúns ámbitos.
Así, reclamou unha arquitectura "densa e seria",
unha arquitectura de servizo que desbote a situación
actual na que "o parecer importa máis que o ser".
Máis
información
|
|
|
| LISTA
DE DISTRIBUCIÓN |
|
| |
Nova
lista de distribución sobre terminoloxía galega
da Sección de Lingua
A Sección de Lingua abre unha lista de correo especializada
en terminoloxía galega na que se difunde calquera información
de interese relacionada con terminoloxía, terminografía,
traducción e linguas de especialidade de/sobre calquera
lingua e, especialmente, da lingua galega.
Prema
aquí para inscribirse |
|
|
| AXENDA |
|
| Pode
inscribirse en liña naquelas actividades que o requiran |
|
| |