DIRECTORIO
Centro de prensa
Salón de Actos
Noticias
Boletín
Centro de Ideas
Seccións
Congresos

Correos

Historia
Lexislación
Composición
Mediateca
Convocatorias
SCR
Exposicións





SECCIÓN DE
FILOSOFÍA E PENSAMENTO


A Sección de Filosofía e Pensamento naceu no ano 2004, a proposta do profesor e teólogo Andrés Torres Queiruga e como froito da Comisión Técnica que ata ese momento viña traballando no CCG nesta área. A Sección pretende analizar a situación actual da filosofía en Galicia, prestando especial atención ao seu ensino e á súa presenza social.

PROXECTOS EN MARCHA
 


Dicionario enciclopédico do pensamento galego

O obxectivo desta obra é describir os protagonistas e os movementos máis destacados da evolución do pensamento galego, desde Sarmiento ata Castelao, García Sabell ou Sofía Casanova. Ademais dun dicionario de nomes, este proxecto prevé a realización dunha análise atendendo aos diferentes campos do pensamento, como o feminismo, a ciencia, o dereito, a política ou a comunicación.

Xénero
Coa creación dunha Comisión Técnica de Xénero, a Sección de Filosofía e Pensamento do CCG abriu unha liña de actuación encamiñada a recoller, recuperar, organizar e difundir as contribucións das mulleres galegas, no interior e no exterior, á cultura galega e universal. O obxectivo é visibilizar as mulleres e as súas achegas ao pensamento, recuperar a memoria e facer posible o desenvolvemento deste campo de investigación.

Membros


- Sección

- Comisión Técnica de Sociedade e Política

- Comisión Técnica de Xénero


Publicacións en rede


- Tríptico informativo sobre o "Álbum de mulleres"

- Los problemas fundamentales de la Filología Comparada: su historia, su naturaleza y sus diversas relaciones científicas


- Principios generales de Lingüística Indo-Europea

 


Consultas/listas de correo
-Se desexa realizar algunha consulta á Sección ou aos seu membros, escriba a:
correo@consellodacultura.org

Consello da Cultura Galega, 2006
Inicio | Historia | Lexislación | Seccións | Mediateca

Centro de prensa | Salón de Actos | Noticias | Boletín de novidades | Centro de Ideas

Xornadas e Congresos| Correo | Aviso legal

Pazo de Raxoi, 2º Andar
15705 Santiago de Compostela - Galicia - (España)
Tfno: 981 957202 | Fax: 981 957205