DIRECTORIO
Centro de prensa
Salón de Actos
Noticias
Boletín
Centro de Ideas
Seccións
Congresos

Correos

Historia
Lexislación
Composición
Mediateca
Convocatorias
SCR
Exposicións





SECCIÓN DE
CULTURA GALEGA NO EXTERIOR

A Sección de Cultura Galega no Exterior foi creada o 4 de abril de 1990, a proposta de Víctor F. Freixanes, para a difusión e estudo da cultura galega no exterior. Das súas actividades xurdiría o xérmolo que posteriormente daría lugar á creación do Arquivo da Emigración Galega, que agora funciona independentemente.

O coordinador da sección é Ramón Máiz.


PROXECTOS EN MARCHA
 

Exposición “O sorriso de Daniel”
Esta mostra pretende ofrecer fóra de Galicia unha presentación xeral da Comunidade desde múltiples perspectivas, desde a xeografía e a economía até a historia e a sociedade, mais sobre todo da cultura galega. Trala súa participación dentro do circuíto de actividades do Fórum de Barcelona 2004 está previsto que continúe a súa andaina por outras cidades peninsulares.

Museo da Emigración Galega
A Sección de Cultura Galega no Exterior está a elaborar un estudo sobre a viabilidade da creación dun Museo da Emigración Galega, informe que posteriormente será elevado á Xunta de Galicia para o seu estudo.

Colaboración coa Asociación Internacional de Estudos Galegos
Esta Sección continúa colaborando coa Asociación Internacional de Estudos Galegos - AIEG, colaboración que se materializará co traslado dos seus fondos ás instalacións do Arquivo da Emigración Galega e a súa secretaría será levada por un documentalista do Arquivo. A súa páxina web integrarase na do Consello da Cultura Galega. Asemesmo está previsto realizar unha convocatoria para o ano 2004 dun premio de tradución.

Informe “Acción cultural de Galicia no Exterior”
A Sección de Cultura Galega no Exterior continúa traballando na elaboración deste documento.

Elaboración dun "Mapa de actores da cultura galega no exterior"
En relación co anterior informe, esta iniciativa pretende identificar institucións e persoas relevantes para a difusión da cultura galega fóra da Comunidade, como profesores, intelectuais, científicos, etc...

Conferencias
Cultura Galega no Exterior traballa na realización dun ciclo de conferencias impartidas por persoeiros de orixe galega cunha traxectoria profesional ou persoal destacada, desenvolvida alén de Galicia.

 

Membros

Sección


Publicacións en rede
- Galicia, o sorriso de Daniel

- O señor abade do ermo. A vida e a época do bispo Salvado.

mediateca dixital

Consultas/listas de correo

-Podes realizar consultas directas sobre cultura galega no exterior ós membros.

-Podes recibir noticias sobre as actividades da Sección no teu correo electrónico.
exterior@consellodacultura.org



Consello da Cultura Galega, 2006
Inicio | Historia | Lexislación | Seccións | Mediateca

Centro de prensa | Salón de Actos | Noticias | Boletín de novidades | Centro de Ideas

Xornadas e Congresos| Correo | Aviso legal

Pazo de Raxoi, 2º Andar
15705 Santiago de Compostela - Galicia - (España)
Tfno: 981 957202 | Fax: 981 957205