DIRECTORIO
Centro de prensa
Salón de Actos
Noticias
Boletín
Centro de Ideas
Seccións
Congresos

Correos

Historia
Lexislación
Composición
Mediateca
Convocatorias
SCR
Exposicións





SECCIÓN DE
DEREITO GALEGO

A Sección de Dereito foi constituída o 29 de xuño de 1988, por petición do xurista X. A. García Caridad, e na actualidade está coordinada por Santiago Nogueira Romero. Dentro desta Sección creouse unha Comisión Técnica de Dereito Galego para o estudo específico do Dereito Galego. Unha segunda Comisión Técnica traballa nesta área no ámbito do Dereito Privado.


PROXECTOS EN MARCHA

 

Coordinación de competencias para a protección e promoción do patrimonio histórico-artístico

A Comisión Técnica de Dereito Galego levou adiante, a través do profesor Pérez Mazaira, un informe sobre a confluencia de competencias entre as distintas Administracións (estatal, autonómica e local) no que respecta ao patrimonio cultural e histórico de Galicia.

Informe Anteproxecto de Lei de intervencións artísticas nas obras públicas
A Sección de Dereito defende neste documento que o 1% de todos os gastos da Comunidade Autónoma de Galicia deben dedicarse ás intervencións artísticas.

Informe para a creación do Fondo Cultural Galego
A Sección de Dereito está reconfigurando o informe que elaborou en 2000 para a creación do Fondo Cultural Galego, institución contemplada no Estatuto da Autonomía de Galicia.

Urbanismo e Administración local
A Comisión Técnica de Dereito propuxo o desenvolvemento regulamentario das Leis 1/1997, do 24 de marzo, sobre o Solo de Galicia, e a Lei 5/1997, do 28 de xullo, sobre a Administración Local de Galicia.

A comarca, núcleo de desenvolvemento local
Desde a Comisión Técnica propúxose unha serie de informes sobre o desenvolvemento local tomando como punto de partida o ámbito comarcal. Así, preténdese impulsar o estudo sobre a idoneidade da comarca como espazo de ordenación territorial e planificación económica, ademais de estabelecer a necesidade de articulación dos Plans de Desenvolvemento Comarcal cos Plans e Programas de Ordenamento do Territorio. A Comisión quere ademais avaliar a posíbel influencia da comarca e da parroquia no incremento da participación na vida local.

Modificación da lexislación dos montes veciñais e comunais
A Sección de Dereito traballa neste proxecto de estudo, ampliación e modificación da normativa que afecta aos montes veciñais e comunais.

A serventía de paso na Lei de dereito civil de Galicia
A Comisión Técnica de Dereito Galego estuda a normativa que rexe para as serventías de paso no Dereito Civil de Galicia.

Proposta de modificación da lexislación que se refire á sucesión ab intestato dos bens do tutelado

Seguindo o prantexamento da Fundación Sálvora, esta proposta de modificación refírese ao feito de que moitos parentes de persoas con discapacidades psiquicamente herdan os bens dos incapacitados a pesar de non seren os seus titores. Para solucionar as consecuencias negativas desta normativa, proponse que sexan as persoas físicas ou xurídicas que se fan cargo dos diminuídos psíquicos os que herden os seus bens.

 

Membros

Sección

Comisións Técnicas:
C.T de Dereito Galego
C.T de Dereito Privado


Publicacións
mediateca dixital



Consultas/listas de correo

-Podes realizar consultas directas sobre comunicación ós membros.

-Podes recibir noticias sobre as actividades da Sección no teu correo electrónico.
dereito@consellodacultura.org


Consello da Cultura Galega, 2006
Inicio | Historia | Lexislación | Seccións | Mediateca

Centro de prensa | Salón de Actos | Noticias | Boletín de novidades | Centro de Ideas

Xornadas e Congresos| Correo | Aviso legal

Pazo de Raxoi, 2º Andar
15705 Santiago de Compostela - Galicia - (España)
Tfno: 981 957202 | Fax: 981 957205