DIRECTORIO
Centro de prensa
Salón de Actos
Noticias
Boletín
Centro de Ideas
Seccións
Congresos

Correos

Historia
Lexislación
Composición
Mediateca
Convocatorias
SCR
Exposicións



SECCIÓN DE
CIENCIA, TÉCNICA E SOCIEDADE

A Sección de Ciencia, Técnica e Sociedade é unha das áreas de máis recente creación, xa que leva funcionando desde o 22 de setembro de 1998. O seu promotor foi o anterior presidente do Consello da Cultura Galega, Carlos Casares.

A aparición desta Sección, coordinada por Francisco Díaz-Fierros Viqueira, resposta ás novas necesidades que se lle presentan á sociedade galega ante o espectacular
avance do coñecemento da ciencia e das novas tecnoloxías nos últimos anos.


PROXECTOS EN MARCHA


 


Informe sobre "A presenza da ciencia e a técnica na prensa diaria"
Esta investigación, realizada en colaboración coa Sección de Comunicación, pretende analizar a visión que os medios de comunicación ofrecen da ciencia. O estudo quere estabelecer cales son as características que adquire a divulgación científica na prensa e publicacións periódicas en Galicia.

Colección "Ciencia para todos"
A Sección de Ciencia, Técnica e Sociedade traballa na edición do cuarto volume da colección de banda deseñada para público infantil "Ciencia para todos", nesta ocasión adicado á alimentación.

Actas do Congreso sobre "Xenética e Historia no Noroeste Peninsular"
A Sección de Ciencia, Técnica e Sociedade editará as actas deste encontro, organizado en abril de 2002 polo Consello da Cultura Galega e no que se pretendeu estabelecer un diálogo entre a xenética, as ciencias históricas e a lingüística, entre outras disciplinas.

Publicación da obra "Instrucción sucinta provisional, que deberán observar las embarcaciones"
O obxectivo desta publicación é recuperar un documento que se redactou en 1788 para o goberno dos barcos Descubridor e Explorador, armados pola Real Compañía Marítima para a investigación de novos caladeiros e a experimentación de artes de captura.

Reedición da obra "As augas de Galicia"
O Consello da Cultura Galega ten previsto reeditar esta obra, que aborda unha ampla reflexión e análise sobre a auga desde múltiples perspectivas, desde os aspectos mitolóxicos até os usos que se fan dela.

Congreso "O valor cultural da biodiversidade"
Esta Sección está a organizar un congreso sobre diversidade e cultura.

Xornada sobre "Medios de comunicación e telecomunicacións"
Continuando coa preocupación polos xeitos de facer chegar os coñecementos científicos aos cidadáns, esta área está preparando unha xornada sobre medios de comunicación e telecomunicacións.

Debate sobre "Ciencias e letras no bacharelato"

 

Membros

- Sección

- Comisións Técnicas:


* C.T.
de Ciencia e Técnica nos Medios de Comunicación de Galicia


Fondos


Consulte en galego os índices de revistas científicas dispoñibles na biblioteca do Consello da Cultura Galega


Publicacións en rede


-Xenética e historia no Noroeste Peninsular

- Os dados do reloxeiro

-
Comunicación e ambiente: cobertura das cuestións ambientais na prensa galega no ano 2002. O Prestige na prensa galega no ano 2002

- Efectos económicos, sociais e ambientais da marea negra do "Prestige"


-Colección Ciencia para todos:
- De quen é a auga
- Vivir no solo
- Parando a marea negra

-
Documento de síntese sobre a encefalopatía esponxiforme bovina (EEB) e a variante da enfermidade de Creutzfeldt-Jakob (vECJ)

- Información, tecnoloxía e territorio: Galicia ante a sociedade do coñecemento


- O señor abade do ermo. A vida e a época do
bispo Salvado.


-
- Economía ambiental e sociedade.

mediateca dixital

Consultas/listas de correo

-Podes realizar consultas directas sobre ciencia, tecnoloxía e sociedade ós seus membros.

-Podes recibir noticias sobre as actividades da Sección no teu correo electrónico.
ciencia@consellodacultura.org

Consello da Cultura Galega, 2006
Inicio | Historia | Lexislación | Seccións | Mediateca

Centro de prensa | Salón de Actos | Noticias | Boletín de novidades | Centro de Ideas

Xornadas e Congresos| Correo | Aviso legal

Pazo de Raxoi, 2º Andar
15705 Santiago de Compostela - Galicia - (España)
Tfno: 981 957202 | Fax: 981 957205