DIRECTORIO
Centro de prensa
Salón de Actos
Noticias
Boletín
Centro de Ideas
Seccións
Congresos

Correos

Historia
Lexislación
Composición

Mediateca
Convocatorias
SCR
Exposicións





SECCIÓN DE COMUNICACIÓN

Proxecto Trinta anos de Televisión en Galicia

Con este proxecto preténdese facer unha análise histórica dos trinta anos de emisión nun soporte tan influínte como é a televisión, dende que o 25 de xullo de 1971 comezaba a emitir o Centro Territorial de Televisión Española en Galicia. A partir deste estudio quérese ver como se reflectiron na televisión os transcendentais cambios polos que pasou Galicia ó longo destes anos.

  • Proxecto

    Este estudio xurde da convicción por parte da Sección de Comunicación de que a análise destes 30 anos de emisión aportará numerosas claves que permitan comprender a evolución do audiovisual galego. O estudio abordarase desde diferentes puntos de vista:

1. Programación

2. Lingua

3. Aspectos económicos e legais

4. Creación e determinación do sector

5. Información dos profesionais

6. Documentación e formatos xornalísticos

7. Recepción

  • Metodoloxía

    Aplicarase o modelo Delphi, consistente en enviar un cuestionario a un grupo de expertos sobre a materia. Devoltos os cuestionarios, analizaranse os datos e se interpretan para elaborar un segundo cuestionario que se lles volve enviar e no que se lles dan pistas para que poidan coñecer as respostas do resto dos expertos. A partir de aí o experto pode manter ou non a súa postura pero apoiándoa en argumentos. O obxectivo é poder contar cos puntos de vista dos protagonistas e observadores deste proceso histórico que dura xa 30 anos.


  • Pasos a seguir

1. Elaboración dun documento marco sobre o proceso histórico da creación do centro de producción de TVE- Galicia. Establecemento das fontes vivas e bibliográficas que se poidan consultar.

2. Contrastar este primeiro informe cun grupo de expertos implicados directamente no proceso histórico.

3. Analizar as respostas dos expertos e, se fora preciso, revisar o documento marco.

4. Organizar un ou varios grupos de discusión para confrontar as posturas diverxentes.

5. Análise dos datos








 

 


Consello da Cultura Galega, 2005

Inicio | Historia | Lexislación | Seccións | Mediateca

Centro de prensa | Salón de Actos | Noticias | Boletín de novidades | Centro de Ideas

Xornadas e Congresos| Correo

Pazo de Raxoi, 2º Andar
15705 Santiago de Compostela - Galicia - (España)
Tfno: 981 957202 | Fax: 981 957205