A Sección
de Comunicación comezou a funcionar, por proposta do escritor
Manuel Rivas, o 27 de xuño de 1990, baixo a premisa de
ocuparse dun ámbito que cada vez tiña máis
peso na sociedade: os medios de comunicación.
Actualmente está coordinada por Xosé López,
vicepresidente do CCG e profesor titular da Facultade de Ciencias
da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela.
Esta Sección ten en funcionamento sete grupos de traballo:
Comisión Técnica de Prensa, Comisión
Técnica de Radio, Comisión Técnica
de Televisión, Comisión Técnica de
Novos Medios, Comisión Técnica de Comunicación
Creativa, Comisión Técnica de Publicidade e Comunicación
Corporativa e Comisión Técnica de Prensa Histórica.