DIRECTORIO
Centro de prensa
Salón de Actos
Noticias
Boletín
Centro de Ideas
Seccións
Congresos

Correos

Historia
Lexislación
Composición
Mediateca
Convocatorias
SCR
Exposicións





SECCIÓN
DE ARTES PLÁSTICAS


O tres de decembro de 1990 foi aprobada a creación dunha nova sección dentro do Consello da Cultura Galega, a Sección de Artes Plásticas, a proposta do arquitecto e membro do Consello da Cultura Galega Pedro de Llano.

Ó longo destes anos esta Sección, agora coordinada polo arquitecto Iago Seara, foise consolidando, en estreita colaboración coa Sección de Arquitectura. Tamén foron xurdindo novas inquietudes que fixeron necesaria a creación da Comisión Técnica de Deseño e da Comisión Técnica de Cinematografía e Artes Visuais, nestes momentos plenamente consolidadas.


PROXECTOS EN MARCHA
 

A paisaxe contemporánea
Esta publicación pretende, dun xeito periódico, analizar unha temática da cultura galega, sendo a súa primeira reflexión a paisaxe contemporánea. Neste primeiro libro ofrecerase unha interpretación desde a actualidade dos valores espirituais e culturais da nosa paisaxe, elaborando un estudo das interaccións coas sensibilidades individuais e colectivas.

Libro Branco das Artes Plásticas en Galicia
Este ambicioso proxecto pretende realizar unha exhaustiva análise do estado da cuestión desta disciplina en Galicia, achegándose ás infraestructuras, protagonistas e medios culturais cunha orientación de marcado carácter documental, ó tempo que reflexivo.

Actas das Xornadas "10 anos de centros de Arte Contemporánea"
Trala realización das Xornadas "10 Anos de Centros de Arte Contemporánea" está prevista a transcrición e publicación das súas actas.

Informe "Espazos para a creación contemporánea"
Esta iniciativa proponse estudar e promover, continuando a liña aberta coas xornadas "10 anos de centros de Arte Contemporánea", a creación de novos espazos que promulguen unha folosofía de carácter temporal, práctico e inmediato. Estos espazos acollen e ilustran unha nova realidade no desenvolvemento da creación artística desde diferentes ópticas complementarias.

Libro Branco da Cinematografía e Artes Visuais
Este libro, que complementa ó de Artes Plásticas, ten como obxectivo establecer un estado da cuestión no que atinxe ás diferentes disciplinas audiovisuais.

Libro Branco do Deseño en Galicia

Complementario dos de Artes Plásticas e Cinematografía, este documento establecerá o estado da cuestión das diferentes disciplinas do deseño en Galicia.

Informe Lei 1%
Este documento quere reactivar este texto tan necesario para a dinamización da creación contemporánea en Galicia. Con este obxectivo, pretendeuse facer unha actualización dos seus contidos así como presentar unha introducción onde se explique a importancia deste documento e o grao de compromiso do Consello da Cultura Galega con incentivalo.

Xornadas "A Arte nos espazos públicos"
Estas xornadas están prantexadas en continuidade do informe "A Arte nos espazos públicos". Así, pretenden analizar as transformacións, ubicacións e recepción social das propostas plásticas e analizar a realidade da creación na trama urbana, o valor da arquitectura e o urbanismo, as novas propostas de parques escultóricos mediante a participación de investigadores, historiadores, arquitectos e artistas cunha íntima vinculación co territorio.

Encontro "Os arquivos audiovisuais como fonte histórica"
Este encontro nace do traballo de baleirado documental do proxecto de catalogación do Arquivo Audiovisual de TVE en Galicia, en colaboración coa Sección de Comunicación. O obxectivo é reflexionar sobre o coñecemento que o material documental gardado nos arquivos fílmicos e audiovisuais de filmotecas, televisión ou coleccións videográficas gardadas en organismos culturais, institucións ou fundacións aporta para unha mellor comprensión e análise dos feitos históricos.

Catálogo do Arquivo Audiovisual da TVE-Galicia
Catalogación dos documentos audiovisuais do Centro Territorial de Televisión Española en Galicia. Este proxecto realízase en colaboración coa Sección de Comunicación.

Membros

- Sección

- Comisións Técnicas:
C.T. de Deseño
C.T. de Cinematografía e Artes Visuais


Publicacións en rede

- Libro branco de cinematografía e artes visuais en Galicia

- Índice documental de Escultores Galegos do s. XX. CD

- Museos e Centros de Arte Contemporánea

- A arte nos espacios públicos

mediateca dixital

Consultas/listas de correo

-Podes realizar consultas directas sobre comunicación ós seus membros.

-Podes recibir noticias sobre as actividades da Sección no teu correo electrónico.
artplasticas@consellodacultura.org


 

Consello da Cultura Galega, 2006
Inicio | Historia | Lexislación | Seccións | Mediateca

Centro de prensa | Salón de Actos | Noticias | Boletín de novidades | Centro de Ideas

Xornadas e Congresos| Correo | Aviso legal

Pazo de Raxoi, 2º Andar
15705 Santiago de Compostela - Galicia - (España)
Tfno: 981 957202 | Fax: 981 957205