| |
Carteis
de Arquitectura. Colección de carteis sobre
arquitectos galegos
Trátase dun amplo proxecto de carácter didáctico
centrado na difusión da obra de destacados arquitectos
galegos pertencentes ás distintas xeracións
en activo na Comunidade. Na primeira serie os carteis amosarán
obras de Alejandro de la Sota, Carlos Quintáns, Cristobal
Crespo, Antonio Raya, Jesús Irisarri, Guadalupe Piñera,
Rafael Baltar, César Portela, Alfonso Penela e Iago
Seara.
|
Libro Branco
da Arquitectura en Galicia
Esta iniciativa pretende elaborar un amplo documento que permita
a reflexión sobre o estado da cuestión e está composto
fundamentalmente de información, diagnoses e propostas. Proximamente
presentarase un primeiro informe sobre a situación tecnolóxica
da arquitectura en Galicia. Os seguintes documentos estarán
dedicados á relación entre a Administración
e a arquitectura e ó ensino da arquitectura na Comunidade.
Xornadas
"A Arquitectura desde Andalucía" e "A Arquitectura
desde Madrid"
Continuando os encontros sobre Lisboa, Cataluña, País
Vasco e Navarra, estas xornadas intentan recoller a realidade arquitectónica
nestas comunidades mediante a participación de teóricos
e arquitectos que expoñan diversas perspectivas e que susciten
o debate cos profesionais galegos.
Publicación
das conferencias das xornadas "A Arquitectura desde Lisboa"
A Sección
de Arquitectura está traballando na edición das intervencións
que tiveron lugar durante a celebración destas xornadas o
pasado mes de maio.
Actas: "O
espazo, novas formas de vertebración social"
Esta Sección traballa na publicación das actas resultantes
do curso realizado en marzo de 2000, no que se estudaron os impactos
provocados no territorio polos traballos de urbanización.
Libro Branco
do Urbanismo en Galicia
Este documento céntrase na ordenación do territorio, entendida como
un estudo desde o punto de vista das disciplinas diversas que converxen
dentro do urbanismo, como son a xeografía, a enxeñería ou a arquitectura,
entre outras.
Proxecto
de documentais "A Idea Construída"
Trátase dunha iniciativa desenrolada polo membro da Comisión
Técnica de Cinematografía Eloy Lozano co apoio da
Sección de Arquitectura. A través de trece documentais
pretende analizarse a traxectoria e a obra de destacados arquitectos
da nosa Comunidade. O proxecto está en fase de rodaxe e realízase
gracias a un convenio coa TVG e a productora OFF-Films. Está
prevista a súa emisión na TVG a mediados do ano 2004.
|