DIRECTORIO
Centro de prensa
Salón de Actos
Noticias
Boletín
Centro de Ideas
Seccións
Congresos

Correos

Historia
Lexislación
Composición
Mediateca
Convocatorias
SCR
Exposicións





SECCIÓN DE
ANTROPOLOXÍA CULTURAL


A Sección de Antropoloxía Cultural é unha das máis antigas do Consello da Cultura Galega, xunto coas de Lingua, Patrimonio Histórico e Patrimonio Natural. Foi creada o 30 do xuño de 1986, proposta Xosé F. Filgueira Valverde. Na actualidade está dirixida por Francisco Fariña Busto, que pasou a ocupar este cargo trala morte de Antón Fraguas.


PROXECTOS EN MARCHA


 

Os lindeiros da galeguidade

Trala publicación de "O Val de Fornela", esta Sección continúa estudando os límites da galeguidade analizando as características antropolóxicas da localidade leonesa de Burbia, no Bierzo.

Recompilación de textos de Xaquín Lorenzo sobre o carro galego
Esta sección está recompilando os textos que Xaquín Lorenzo, 'Xocas', elaborou en alemán en torno ao carro galego."Xocas" foi un dos persoeiros da cultura galega máis fondamente preocupados pola pegada etnográfica no noso país e este ano dedícaselle o Día das Letras Galegas.

Estudo sobre as xergas e falas de xermanía
Esta investigación pretende ordear e racionalizar os coñecementos existentes sobre este tema para enriquecer desde un punto de vista antropolóxico este aspecto etnolingüístico (xergas de fiadores, canteiros, etc...).

Reproducción facsímile de "Los pescadores del norte y noroeste peninsular"
A Sección de Antropoloxía Cultural fará unha edición facsímile desta obra, que se conserva no Museo Masso de Bueu.

Membros

- Sección

- Comisión Técnica de Museos


Publicacións en rede

- Antropoloxía mariñeira. Actas do "Simposio Internacional in memoriam Xosé Filgueira Valverde". Coordinador: Francisco Calo Lourido.

-Etnicidade e nacionalismo. Actas do simposio. Coordinador: Xosé Manuel González Reboredo.

mediateca dixital

Consultas/listas de correo
-Podes facer consultas directas sobre antropoloxía ós membros.

-Podes recibir noticias sobre as actividades da Sección no teu correo electrónico.
antropoloxia@consellodacultura.org

Consello da Cultura Galega, 2006
Inicio | Historia | Lexislación | Seccións | Mediateca

Centro de prensa | Salón de Actos | Noticias | Boletín de novidades | Centro de Ideas

Xornadas e Congresos| Correo | Aviso legal

Pazo de Raxoi, 2º Andar
15705 Santiago de Compostela - Galicia - (España)
Tfno: 981 957202 | Fax: 981 957205