DIRECTORIO
Centro de prensa
Salón de Actos
Noticias
Boletín
Centro de Ideas
Seccións
Congresos

Correos

Historia
Lexislación
Composición
Mediateca
Convocatorias
SCR
Exposicións





SECCIÓN DE
LITERATURA E INDUSTRIAS DA EDICIÓN


A Sección de Literatura e Industrias da Edición é unhas das áreas de traballo de máis recente creación no Consello da Cultura Galega, xa que foi aprobada o 11 de xullo de 2003. Foi un empeño persoal do anterior presidente da institución, Carlos Casares, sacar adiante esta sección ante a conciencia dos desafíos que debía afrontar a literatura cos novos soportes e a crecente importancia dos procesos de reprodución e distribución no mundo literario. Un novo contexto que o libro galego debe aproveitar para afianzar a súa presenza e ir avanzando no obxectivo último de alcanzar unha sociedade máis culta e consciente de si mesma.


PROXECTOS EN MARCHA

 

Tertulias mensuais
Nunha aposta pola difusión das obras galegas, esta Sección organiza no CCG tertulias mensuais, o primerio xoves de cada mes, nas que varios convidados debaten arredor de temas de actualidade literaria e cultural, tendo en conta as últimas novidades editoriais. As tertulias grávanse e pódense escoitar no soportal de literatura Lg3.

A banda deseñada no universo das letras

Tomándolle a medida ás letras miúdas

As caras do libro

Ensinar literatura

Xornalismo literario

Os premios literarios

Escribir para o audiovisual

A crítica literaria nos medios de comunicación

Literatura e exilio

Literatura e compromiso

Ciberliteratura

A tradución

A animación á lectura

Lídia Jorge: "Para un destinatario ignorado"

Urbano Tavares: “A prosa de ficción portuguesa contemporánea”

O libro galego: unha necesidade estratéxica

O significado do Día das Letras Galegas.

Novas Narradoras: Anxos Sumai, Inma López Silva e Rosa Aneiros.

Xesús Alonso Montero e a súa última obra, "A batalla de Montevideo. Os agravios linguísticos denunciados na UNESCO en 1954"

Suso de Toro e a proxección exterior da literatura

Encontros en Compostela
A Sección de Literatura e Industrias da Edición quere artellar unha colaboración constante coa cultura portuguesa dun xeito transversal, tanto no ámbito institucional como cidadán. Así, un dos seus primeiros proxectos é a organización, coa agregaduría cultural da Embaixada portuguesa, de encontros trimestrais no CCG con escritores portugueses de renome. A finalidade é que esta institucións se converta en punto de encontro entre ambas culturas.

Número extraordinario de "Jornal das Letras, Artes e Ideas"
A Sección está a planificar un número especial adicado á cultura galega no importante semanario cultural lisboeta "Jornal das Letras, Artes e Ideas". Pretende ser unha mostra da situación das Letras e a Creación Cultural na Galicia de hoxe.

Membros

Sección



Publicacións
- mediateca dixital
 

Consultas
-Podes realizar consultas directas sobre literatura aos membros.

-Podes recibir noticias sobre as actividades da Sección no teu correo electrónico.

literatura@consellodacultura.org


 

Consello da Cultura Galega, 2006
Inicio | Historia | Lexislación | Seccións | Mediateca

Centro de prensa | Salón de Actos | Noticias | Boletín de novidades | Centro de Ideas

Xornadas e Congresos| Correo | Aviso legal

Pazo de Raxoi, 2º Andar
15705 Santiago de Compostela - Galicia - (España)
Tfno: 981 957202 | Fax: 981 957205