NOVAS |consellodacultura.orgA canle de noticias do Consello da Cultura Galega
http://www.consellodacultura.org
2024-03-19T14:03:29+01:00text/html2024-03-18T00:00:00+01:00Consello da Cultura GalegaPrensaO CCG publica unha conferencia de Pedro Echevarría sobre o Negra sombra de Juan Montes
http://www.consellodacultura.org/noticia.php?id=10391
O Consello da Cultura Galega publicou hoxe no seu web unha nova entrega das Caligrafías Musicais, a serie de conferencias de expertos sobre o patrimonio musical galego que recupera fondos pouco coñecidos do Arquivo Sonoro de Galicia. Desta volta, incorpórase unha intervención do folclorista Pedro Echevarría Bravo, realizada en Ferrol en 1984, onde dá conta dos paralelismos entre Negra sombra, a composición musical de Juan Montes inspirada no poema de Rosalía de Castro, e a danza prima asturiana. A conferencia xa está accesible no web do Consello da Cultura Galega. text/html2024-03-18T00:00:00+01:00Consello da Cultura GalegaPrensaAsinado un acordo coa Asociación Mulleres Cristiás Galegas Exeria para dixitalizar o seu arquivo
http://www.consellodacultura.org/noticia.php?id=10393
A presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), Rosario Álvarez, e María Luísa Vidal Collazo, representante da Asociación Mulleres Cristiás Galegas Exeria, asinaron un acordo para a dixitalización e difusión dos fondos documentais da agrupación. Os materiais cedidos, entre os que figuran diferentes publicacións, revistas, folletos e cadernos de formación, constitúen unha importante fonte de documentación para o estudo do movemento feminista en Galicia.text/html2024-03-14T00:00:00+01:00Consello da Cultura GalegaPrensaUnha xornada do Consello da Cultura Galega analiza o legado das intérpretes galegas na diáspora
http://www.consellodacultura.org/noticia.php?id=10383
Con motivo da estrea en Galicia de Manuela Rey is in da house, obra teatral producida polo Centro Dramático Galego, o Teatro Nacional São João, o Teatro Nacional Dona Maria II e o Teatro do Noroeste – Centro Dramático de Viana, a Sección de Artes Escénicas, Musicais e Audiovisuais do Consello da Cultura Galega (CCG) organiza a xornada Intérpretes galegas na emigración e no exilio. Coordinada por Carlos-Caetano Biscainho-Fernandes, Cristina Domínguez Dapena e Fran Núñez, a cita terá lugar este venres, 15 de marzo (16:15 horas), no Teatro Principal de Santiago de Compostela. Non haberá emisión en directo, pero gravarase a sesión e subirase posteriormente á hemeroteca do CCG.text/html2024-03-13T00:00:00+01:00Consello da Cultura GalegaPrensaO Álbum de Galicia suma a entrada de Pencha Santasmarinas
http://www.consellodacultura.org/noticia.php?id=10379
Pencha Santasmarinas (Santiago de Compostela, 1943–2019) dedicou a súa traxectoria vital e profesional ao servizo público. Foi unha activa militante a prol da defensa do territorio, do mar e dos dereitos das mulleres, un ámbito en que loitou por mellorar as condicións de vida de mariscadoras e redeiras. A súa entrada no Álbum de Galicia, a colección dixital de biografías que mantén o Consello da Cultura Galega (CCG), é da autoría de Encarna Otero.text/html2024-03-13T00:00:00+01:00Consello da Cultura GalegaPrensaVictoria Quintero fala de xénero e patrimonio nunha nova sesión do ciclo Pensarmos
http://www.consellodacultura.org/noticia.php?id=10380
A Sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega (CCG) organiza mañá, 14 de marzo (18:00 horas), unha nova sesión do ciclo Pensarmos. A antropóloga e profesora Victoria Quintero é a convidada nesta ocasión para reflexionar arredor das desigualdades de xénero que existen na esfera patrimonial. A cita, coordinada por Celia Pereira Porto, desenvolverase de xeito presencial na sede da institución, pero tamén se poderá seguir en directo a través do sitio web e as redes sociais corporativas.text/html2024-03-12T00:00:00+01:00Consello da Cultura GalegaPrensaO Consello da Cultura Galega dedica unha xornada aos compositores Manuel Balboa, Enrique Macías e Xan Viaño
http://www.consellodacultura.org/noticia.php?id=10373
Balboa, Macías e Viaño. Creación musical galega a finais do século XX é o título da xornada que a Sección de Artes Escénicas, Musicais e Audiovisuais do Consello da Cultura Galega (CCG) organiza este mércores, 13 de marzo (16:30 horas), na sede da institución. Nela, diversos especialistas analizarán a figura destes tres compositores. Inaugurarán a cita a presidenta do CCG, Rosario Álvarez, e a coordinadora da Sección de Artes Escénicas, Musicais e Audiovisuais, Cristina Domínguez Dapena. A actividade é presencial, pero poderá seguirse en directo a través do sitio web e das redes sociais corporativas. text/html2024-03-11T00:00:00+01:00Consello da Cultura GalegaPrensaA nova sesión dos Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural analiza os xacementos invisibles da Prehistoria
http://www.consellodacultura.org/noticia.php?id=10372
A Sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega (CCG) organiza mañá, 12 de marzo (17:00 horas), a 43º edición dos Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural. Baixo o título “Visibilizar o invisible. Que facer cos xacementos perecedoiros da Prehistoria en Galicia”, analizarase a problemática que rodea este tipo de patrimonio e debaterase arredor das posibles medidas que contribuirían á súa conservación e protección. Inaugurarán a xornada a presidenta do CCG, Rosario Álvarez, e Rebeca Blanco-Rotea, coordinadora da actividade xunto con Rosa Benavides. A cita desenvolverase de xeito presencial na sede institucional, pero tamén se poderá seguir en directo a través do sitio web e as redes sociais corporativas. text/html2024-03-08T00:00:00+01:00Consello da Cultura GalegaPrensaUnha nova publicación analiza a obra "oceánica" de Martín Sarmiento desde múltiples ópticas
http://www.consellodacultura.org/noticia.php?id=10371
"A figura do padre Sarmiento está presente nas actividades do Consello da Cultura Galega desde os inicios da institución", explicou Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega, durante a presentación hoxe do volume dixital Erudición e ilustración. Estudos sobre Martín Sarmiento. Trátase das actas do Simposio Martín Sarmiento. De historia natural e todo xénero de erudición, e incorporan o traballo de doce expertos que abordaron a obra do intelectual galego desde diferentes ámbitos científicos. No acto de presentación participaron Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega, e Henrique Monteagudo, editor da publicación. text/html2024-03-07T00:00:00+01:00Consello da Cultura GalegaPrensaA entrada do Colectivo María Castaña incorpórase ao Álbum de Galicia
http://www.consellodacultura.org/noticia.php?id=10368
O Colectivo María Castaña estivo integrado por seis profesoras de ensino medio. Mantivo a súa actividade entre os anos 1991 e 2001, durante os cales a agrupación desenvolveu un importante labor a prol da visibilización das mulleres na historia. Foi “un traballo común, que supuxo unha importante contribución e un avance para o ensino”, mais tamén para a procura “dun mundo máis xusto, igualitario e crítico”, no que se eliminase “a visión androcéntrica e patriarcal da historia da humanidade e de todas as súas manifestacións”. Así o indica Guillermina Domínguez Touriño, integrante do colectivo e autora da entrada que se incorpora hoxe ao Álbum de Galicia, a colección dixital de biografías que mantén o Consello da Cultura Galega (CCG).text/html2024-03-06T00:00:00+01:00Consello da Cultura GalegaPrensaA mostra As xeracións do Monserrat inaugúrase esta tarde en Vigo
http://www.consellodacultura.org/noticia.php?id=10366
A presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), Rosario Álvarez, xunto co alcalde do Concello de Vigo, Abel Caballero, e o secretario territorial da Delegación da Xunta de Galicia en Vigo, Fernando González Abeijón, inauguran esta tarde (ás 20:00 horas) na Casa das Artes a exposición As xeracións do Monserrat. Memoria emocional da emigración galega ao Reino Unido. No acto participará tamén Xosé Manoel Núñez Seixas, vicepresidente do CCG e director do Arquivo da Emigración Galega. A mostra, comisariada por Xesús Fraga e con deseño de Pepe Barro, constrúe un relato do fluxo migratorio cara ao país británico a través de fotografías, documentos e obxectos pertencentes aos seus protagonistas. O proxecto expositivo poderá visitarse na cidade olívica ata o próximo 26 de maio.