(27/08/2002)
O CCG PRESENTA ACHADOS DOCUMENTAIS QUE ABREN NOVAS PERSPECTIVAS SOBRE O PADRE SARMIENTO


O presidente do CCG, Alfonso Zulueta e o secretario e coordinador do Proxecto Sarmiento, Henrique Monteagudo, presentaron o luns, 26 de agosto os últimos achados documentais que realizou este último no Arquivo da Orde Benedictina no mosteiro de Santo Domingo de Silos (Burgos).


(16/05/2002)

O EQUIPO CIENTÍFICO DO PROXECTO SARMIENTO CONTA XA CUNHA LISTA DE DISTRIBUCIÓN INTERNA


Co obxectivo de facer máis doada a comunicación entre os membros que conforman o equipo que está a traballar no Proxecto Sarmiento, a partir do 16 de maio contan xa cun correo, sarmiento@consellodacultura.org, que lles permite manterse en contacto a través dunha lista de distribución interna e privada.



(16/05/2002)
O CCG PRESENTOU A EDICIÓN FACSMILAR DO "COLOQUIO EN MIL DUASCENTAS COPLAS GALEGAS" DE FREI MARTÍN SARMIENTO

"Este COLOQUIO EN MIL DUASCENTAS COPLAS GALEGAS é o texto máis importante do Padre Sarmiento (1695-1772) dende o punto de vista galego", afirmou o profesor Henrique Monteagudo, na presentación desta edición facsímile do orixinal autógrafo.



(07/02/2002)

UNHA MOSTRA DO CCG AMOSARÁ A VIDA E A GALICIA DO TEMPO DE SARMIENTO

Frei Martín Sarmiento e a Galicia do seu su tempo recolle imaxes dos lugares nos que este fraile ilustrado desenvolveu a súa vida e obra.


Outras noticias