Durante longo tempo os textos de Frei Martín Sarmiento, un dos persoeiros de maior relevancia da Ilustración, circularon entre os eruditos a través de manuscritos e copias pero moi rara vez chegaron a ser editados. Agora por vez primeira, o Consello da Cultura Galega acomete o titánico labor de recuperar a escrita completa deste erudito galego a través do proxecto Martín Sarmiento. Obras Completas.

Un nutrido grupo de especialistas nas distintas áreas do saber que abordou Sarmiento, están a afrontar un proxecto a longo prazo que comprende un complexo traballo de dixitalización, transcrición e estudio dos textos desta figura clave no estudio filolóxico e sociolingüístico do galego, ademais de ser unha das máis relevantes da Ilustración española no XVIII.





O Padre Sarmiento e a Galicia do seu tempo

Mostra que recolle imaxes dos lugares nos que este fraile ilustrado desenvolveu a súa vida e obra.

Itinerario: Inaugurada o 8 de febreiro no Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento, en Santiago, percorreu diferentes vilas galegas: Cambre, Allariz, O Barco de Valdeorras para chegar, o 18 de maio, a Vilafranca do Bierzo, vila natal de Sarmiento.