|
FREI
MARTÍN SARMIENTO
(Vilafranca do Bierzo, León 1695 - Madrid,
1772)
O
9 de marzo de 1695 nace en Vilafranca do Bierzo un
neno que será bautizado como Pedro José
García Balboa. Ós catro meses de idade
a familia trasladarase a Pontevedra por razóns
do traballo do seu pai e alí transcorrerá
a infancia de Sarmiento. O 3 de maio de 1710 entra no
convento de San Martín de Madrid para facer o
noviciado na Orde benedictina, profesando o 24 de maio
do ano seguinte, pasando a estudiar Artes no Colexio
de Hirache, e despois Filosofía. Posteriormente
pasará a estudiar teoloxía en Salamanca
e será durante esta etapa cando modifica o seu
nome, un cambio que se debeu ó feito de que había
xa matriculados varios García e outro Balboa
polo que escollería o segundo da súa nai,
Sarmiento e Martín, en honor ó patrón
do convento no que profesou.
Salamanca,
Madrid, Oviedo, Eslonza, Luarca, Ribadeo, ... Sarmiento
fai curtas estancias en varios conventos, coincidindo
co Padre Feijoo, co cal establecería unha fructífera
e longa amizade. No ano 1726 traballa afanosamente nos
códices do arquivo da Catedral de Toledo, achegándose
ó estudio da poesía medieval. Voltará
a Galicia en 1745 e en 1754 e destes viaxes obterá
unha grande cantidade de información sobre a
lingua e cultura galega, preocupación e interese
que quedará reflectido en numerosos escritos
que alternarán con outras obras feitas por encargo.
Sarmiento,
autor verdadeiramente prolífico que a penas publicou
obras en vida, amosouse moi interesado a partir da década
dos 50 polos temas da natureza: flores, plantas, cunchas
e animais, desenvolvéndose entón a súa
preocupación naturista. Será a partir
de entón, co seu regreso a Galicia no ano 1755,
cando comece a súa época de maior fecundidade,
principalmente no ámbito da botánica galega
e na Historia Natural. Precisamente será a instancias
de Sarmiento cando se crea o Real Xardín Botánico
e, a patir de 1743, comeza a reclamar a necesidade de
establecer bibliotecas públicas e xardíns
botánicos en tódalas cidades. Do mesmo
xeito, Sarmiento reclamará á creación
de cátedras universitarias de Historia Natural,
Agricultura e Botánica.
A toponimia, a xeografía, a s preocupacións
pedagóxicas,... serán moitos os campos
do saber ós Sarmiento prestará interese.
Xunto con Feijoo e Jovellanos, é considerado
como un dos grandes homes do seu tempo. Pese a non ter
publicado case nada, xa que os seus intereses e preocupacións
científicas non son do gusto da época,
a súa opinión xa foi apreciada en vida.
As súas obras circularon a través de copias
a veces moi pouco fiables, fundamentalmente os manuscritos
literarios, médicos e botánicos posto
que a súa obra lingüística tardaría
moito en comezar a ser valorada.
A
pesares de non ter a penas escrito en galego, o seu
interese por Galicia quedou evidenciado a través
dos seus esforzos por catalogar e recoller noticias
etnolóxicas, históricas, folclóricas
ou toponímicas, todas elas de grande utilidade
documental, chegando a ser considerado como un dos grandes
no campo do mundo da pedagoxía e a didáctica.
Neste sentido, Sarmiento foi o primeiro en interesarse
por recoller, documentar e estudiar o galego, non só
como obxecto de estudio senón no seu uso oral,
insistindo na necesidade de que ós nenos galegos
se lles ensinara no seu propio idioma.
|