|


|

Durante
longo tempo os textos de Frei Martín Sarmiento,
un dos persoeiros de maior relevancia da Ilustración,
circularon entre os eruditos a través de manuscritos
e copias pero moi rara vez chegaron a ser editados.
Agora por vez primeira, o Consello da Cultura Galega
acomete o titánico labor de recuperar a escrita
completa deste erudito galego a través do proxecto
Martín Sarmiento. Obras Completas.
Un
nutrido grupo de especialistas nas distintas áreas
do saber que abordou Sarmiento, están a afrontar
un proxecto a longo prazo que comprende un complexo
traballo de dixitalización, transcrición
e estudio dos textos desta figura clave no estudio filolóxico
e sociolingüístico do galego, ademais de
ser unha das máis relevantes da Ilustración
española no XVIII.
|
|
|

O
Padre Sarmiento e a Galicia do seu tempo
Mostra
que recolle imaxes dos lugares nos que este fraile ilustrado
desenvolveu a súa vida e obra.
Itinerario: Inaugurada o 8 de febreiro no Instituto
de Estudios Galegos Padre Sarmiento, en Santiago, percorreu
diferentes vilas galegas: Cambre, Allariz, O Barco de Valdeorras
para chegar, o 18 de maio, a Vilafranca do Bierzo, vila
natal de Sarmiento.
|
|