Acción Exterior

----

Acción Exterior

Desde a área de Acción Exterior, o noso obxectivo é afianzar a presenza, os intereses e a imaxe de Galicia no contexto internacional.
O noso compromiso é o de difundir a realidade e a especificidade galega no mundo, proxectando a nosa personalidade e promovendo, de modo especial, a política, a economía, a historia e a cultura galega no exterior.


Unha estratexia de acción exterior, claramente definida nos nosos obxectivos e medios, constituirá así mesmo un potente instrumento de divulgación da imaxe de Galicia.

Deste modo poderíase acuñar unha imaxe de "marca" de Galicia, como unha comunidade política aberta ao mundo, con presenza de galegos nos cinco continentes, e cunha longa tradición de ser porta de entrada e porta de saída.

A imaxe de Galicia no exterior debe corresponderse coa súa realidade económica, social e cultural. Divulgar unha imaxe de calidade de Galicia non soamente comercial, senón tamén convivencial, cultural e integradora das diferentes variables que compoñen o mundo exterior, é esencial para superar a ignorancia e o descoñecemento que aínda existe da modernización experimentada por Galicia nos últimos anos e que contrastan coa imaxe tradicional de comunidade periférica e pouco avanzada.

Son moitos os fluxos que inciden na configuración da imaxe dun país: dende a emigración e o turismo ata a dimensión do seu comercio exterior ou os seus investimentos, as manifestacións lingüísticas e culturais, etc...

Para iso a nosa responsabilidade como institución é a de reforzar a conciencia de identidade dos residentes no exterior propiciando o encontro e a converxencia de vontades entre os sectores máis determinantes: económico, político e intelectual, etc.

Recomendamos: