Idiomas: Español / English
Pazo de Raxoi, 2º andar
15705 Santiago - A Coruña
Tel.: +34 981957202
Directorio de contactos
Ramón Villares Paz, Presidente do Consello da Cultura Galega
ACTUALIZADA: 2011-03-23

Ramón Villares Paz naceu en 1951. É catedrático de História Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela desde 1987 e Presidente do Consello da Cultura Galega desde 2006.

Foi decano da Facultade de Xeografía e Historia no período 1986-1990, rector da Universidade de Santiago de Compostela entre 1990 e 1994 e membro fundador e presidente da Asociación Española de Historia Contemporánea (1996-2002).

Foi director en Galicia da Universidade Internacional Menéndez Pelayo (1997-2005) e, desde 2006, é membro numerario da Real Academia Galega. Tamén pertence a varios patronatos de centros e fundacións (Museo do Pobo Galego, Fundación Juana de Vega, Fundación Luis Seoane ou Centro Galego de Arte Contemporánea, entre outros)

É autor de numerosas publicacións, entre as que destacan libros como La propiedad de la tierra en Galicia, 1500-1936, Siglo XXI Editores, Madrid, 1982, Foros, frades e fidalgos, Estudos de historia social de Galicia, Edicións Xerais, Vigo, 1982, Galicia. A Historia, Editorial Galaxia, Vigo, 1984 (con versión en lingua española e portuguesa), Figuras da nación, Edicións Xerais de Galicia, Vigo, 1997 e El mundo contemporáneo, siglos XIX y XX, Editorial Taurus, Madrid, 2001 (en colaboración con Angel Baamonde) ou Fuga e retorno de Adrián Solovio. Sobre a educación sentimental dun intelectual galeguista, Fundación Otero Pedrayo/Real Academia Galega, 2007. Desde 2007 codirixe, con Josep Fontana, unha Historia de España (Critica/Marcial Pons) na que é autor (con Javier Moreno Luzón), do volume 7, Restauración y Dictadura, 2009.

Desde 1988 ten dirixido ou coordenado varios proxectos de investigación logrados en convocatorias competitivas, sobre temas de historia agraria, historia cultural e historia política.
Tamén é avaliador de proxectos para diversas axencias de investigación científica en España e Portugal.

Recursos

Eventos
ARTE + PINTURA

23 e 24 de abril de 2014 no Consello da Cultura Galega
Exposicións
Rosendo Salvado: valedor do pobo aborixe

Santiago, do 3 de abril ao 4 de maio (luns pechado, 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas)

Identidade | Perfil do contratante | Lei de Transparencia | Aviso Legal | | Pazo de Raxoi, 2º andar - 15705 Santiago de Compostela - A Coruña. Teléfono: +34 981957202 Fax: +34 981957205