O ARQUIVO
DA EMIGRACIÓN GALEGA PUBLICA UN EPISTOLARIO COA MEMORIA
DOCUMENTAL DA DIÁSPORA GALEGA
Con motivo da presentación da obra De América
para a Casa: correspondencia familiar de emigrantes galegos no
Brasil, Venezuela e Uruguay (1916-1969), de Raúl Soutelo
Vázquez, o Consello da Cultura Galega organiza un acto
previsto para mañá, mércores 28 de novembro,
ás 19,00 h.na bilblioteca da institución.
A directora
do Arquivo da Emigración Galega, Pilar Cagiao, así
como outro dos membros do AEG e colaborador co autor nas pesquisas
de bibliografía, Xosé Manuel Núñez
Seixas, estarán xunto ó autor, Raúl Soutelo
Vázquez, para facer a presentación deste libro,
editado polo Consello da Cultura Galega.
En De América
para a Casa: correspondencia familiar de emigrantes galegos no
Brasil, Venezuela e Uruguay (1916-1969) recóllese un
completo epistolario da familia González Añel e
González Nóvoa no os expertos condieran que é
un exemplo prototípico da tradición emigrante galega.
Experiencias
vitais
Gracias á colaboración do equipo de investigadores
do Arquivo da Emigración Galega, así como daqueles
que herdaron estes documentos, Raúl Soutelo conseguiu recoller
156 cartas enviadas por aquela parte da familia González
emigrada en Caracas, Montevideo e São Paulo, ós
seus parentes de Carballedo (Lugo) entre 1916 e 1969. Segundo
o autor, este epistolario supón unha memoria documental
das experiencias vividas a nivel individual e familiar daqueles
que viviron esta situación tan común no pasado histórico
da Galicia contemporánea.
Este volume,
que tamén se pode descargar a través do sitio web
oficial do Consello da Cultura Galega, recolle a transcripción
literal destas cartas, nas que se pon de manifesto as experiencias
vitais cotiás daqueles que tiveron que adaptarse a unha
realidade distinta a do seu país de orixe.
Enlaces:
http://www.consellodacultura.org/mediateca/
publicacions/cartas_america.htm