DIRECTORIO
Centro de prensa
Salón de Actos
Noticias
Boletín
Centro de Ideas
Axenda
Congresos

Correos

Historia
Lexislación
Composición
Seccións
Mediateca
Convocatorias
SCR
Exposicións










NOTICIAS>>NOTICIA
 

EXPERTOS DESTACAN AS CONTRIBUCIÓNS DO TEATRO E DA MÚSICA DO EXILIO Á DEFENSA DA CULTURA GALEGA

"Hai que superar o debate do bilingüismo no teatro galego", asegurou Lois Pérez Rodríguez, responsable da presentación da sesión que o I Congreso Internacional "O Exilio Galego" dedicou esta tarde ás artes escénicas. Segundo Pérez Rodríguez, "no exilio o teatro facíase en galego e en castelán porque o público ó que ía dirixido tamén era diglósico", incluso, asegurou o relator, "esta producción teatral no exterior fixo posible que moitos emigrantes chegaran a tomar conciencia do feito de seren galegos".

O traballo que levou adiante a comunidade teatral nos anos do exilio forzado foi o eixo de varias das intervencións ó longo da tarde, nas que se puxo de manifesto que tanto o teatro como a música, as dúas grandes esquecidas no estudio do exilio galego durante moito tempo, foron tamén manifestacións artísticas que contribuíron poderosamente á fértil producción cultural da comunidade galega en América.

Neste sentido, a memoria do exilio foi lembrada a través das imaxes, da música e tamén do teatro, tentando facer un repaso daquelas persoas que contribuíron co seu traballo a defender os valores galegos propios. Este foi o caso de Varela Buxán, considerado o herdeiro do teatro galego no exilio e que desenvolveu durante anos un traballo entusiasta que conseguiu manter vivo o teatro galego, aínda que fora da terra, segundo expuxo Xosé María Paz Gago na súa intervención.

Grandes esquecidos
Pero de igual xeito pódese falar de outros moitos exiliados, como Fernando Iglesias, 'Tacholas', "o mellor actor que deu o noso teatro", segundo Lois Pérez Rodríguez, quen quixo facer unha mención especial a este actor por seren un dos poucos que reivindicaría a figura do emigrante e defendería o uso do galego.

A figura inxustamente esquecida de Jesús Bal y Gay tamén foi obxecto dun relatorio, a cargo de Rosa Fernández García, quen reclamou máis atención a "unha figura de primeira magnitude, como intelectual e como músico", que ocupou os cargos máis relevantes no ámbito musical durante o seu exilio en México. "Aínda que regresou a España en 1965 a penas foi recoñecida a súa inxente labor", asegurou a relatora, que centrou a súa intervención na relación epistolar que Bal y Gay mantivo entre 1925 e 1960 coa maior parte da intelectualidade galega. Entre os seus traballos, Rosa Fernández destacou a recolla do cancioneiro galego "feito por vez primeira con criterios musicólogos serios".

Lectura poética no CGAC
A xornada rematou cunha mesa redonda en torno ó teatro do exilio e da emigración, á que finalmente non puido asistir Isaac Díaz Pardo, xa que o recital poético previsto para ás 20,30 h. quedou finalmente cancelado. Sen embargo, entre as actividades complementarias, destaca a lectura poética que está prevista para ás 22,30 h. no CGAC da peza O Cantar dos Cantares, de Eduardo Blanco Amor, autor que tamén tivo o seu oco no congreso.

(26/09/01)



AXENDA DE ACTOS


 

NOTICIAS ANTERIORES

Mª Luísa Sobrino: "a Xunta debe tentar salvar a obra dos artistas galegos no exilio"


Os expertos abren novas perspectivas de análise da traxectoria dos exiliados

Casares: "temos que recuperar a memoria dos exiliados e renderlles unha homenaxe"

Alonso Montero explora a figura de Curros Enríquez como autor comprometido

A aposta do Consello da Cultura Galega polo cómic acada o premio Ourense de Banda Deseñada


O Consello da Cultura Galega edita o orixinal da obra de Castelao Os dous de sempre

O Consello da Cultura Galega recolle nun libro as viñetas de Castelao publicadas en Faro de Vigo


Luisa Castro: "a literatura é máis que palabra, é sentiemnto, e a voz, o seu mellor vehículo"

O Consello da Cultura Galega promove a defensa do medio a través da banda deseñada

Clara E. Lida: "o exilio republicano supuxo máis da metade da inmigración en México"


O Consello da Cultura Galega estrea o seu novo sitio web, con información actualizada e maior interactividade, www.consellodacultura.org.

O Consello da Cultura Galega acolleu a conferencia do doutor Mario García, experto consultor no redeseño de xornais electrónicos e en papel.

 

 

Consello da Cultura Galega, 2001
Inicio | Historia | Lexislación | Seccións | Mediateca

Centro de prensa | Salón de Actos | Noticias | Boletín de novidades | Centro de Ideas | Axenda

Xornadas e Congresos| Correo

Pazo de Raxoi, 2&ordm Andar
15704 Santiago de Compostela - Galicia - (España)
Telf: 981 56 90 20 | Fax: 981 58 86 99