DIRECTORIO
Centro de prensa
Salón de Actos
Noticias
Boletín
Centro de Ideas
Axenda
Congresos

Correos

Historia
Lexislación
Composición
Seccións
Mediateca
Convocatorias
SCR
Exposicións










NOTICIAS>>NOTICIA
 

MªLUISA SOBRINO: "A XUNTA DEBE TENTAR SALVAR A OBRA DOS ARTISTAS GALEGOS NO EXILIO"

No marco da visión globalizada que os organizadores do I Congreso Internacional "O Exilio Galego" quixeron imprimir desde o comezo a este evento, encádrase esta terceira xornada, dedicada ó impacto que a Guerra Civil e o exilio causou noutras manifestacións artísticas como a arquitectura, as artes plásticas, o cine ou o teatro. Aínda que moitos menos coñecidos que escritores, políticos ou intelectuais fuxidos, arquitectos como Caridad Mateo, pintoras como Maruja Mallo ou fotógrafos coma Xosé Suárez tamén terían que marchar de Galicia.

"O exilio cambiaría as traxectorias vitais e artísticas de moitos deles", asegurou a catedrática de Historia da Arte, Mª Luísa Sobrino, quen fixo un chamamento ó goberno galego para que poña os medios necesarios "para salvar a obra que os artísticas galegos deixaron alá, moita da cal corre grave perigo de desaparecer".

Durante a súa intervención, a profesora Sobrino fixo unha reflexión crítica da impacto que a Guerra Civil e o franquismo causou nas artes en Galicia, poñendo fin ó "florecemento das artes plásticas que vivía Galicia na década dos 30". Os artistas galegos, principiantes e outros xa en plena creación, marcharon fundamentalmente a Arxentina, "onde establecerían os seus núcleos de creación, enriquecéndose co contacto da intelectualidade de Bos Aires e transformando a cidade na capital das artes", asegurou a relatora.

Arquitectura comprometida
México tamén foi país receptor de artistas exiliados como o arquitecto Xosé Caridad Mateo, un home que fuxiu das represalias do exército franquista para seguir desenvolvendo a súa obra lonxe da súa terra natal. Caridad Mateo centrou a intervención do arquitecto Iago Seara, quen o definiu coma "un home comprometido, humanista e intelectual solidario, que entendeu a arquitectura como instrumento ó servicio das vontades e dos pensamentos".

Pola súa parte, Rafael Baltar Tojo, membro da Academia de Ciencias e do Consello da Cultura Galega, optou por render unha homenaxe á figura do enxeñeiro civil Eladio Dieste, fillo e neto de intelectuais galegos, "uruguaio de nacemento pero de sangue galega", afirmou Baltar Tojo, quen incidiu en que este arquitecto racionalista caracterizouse por "empregar conceptos moi sinxelos, próximos ó minimalismo, que o achegaban ó credo de Mies Van de Rohe: 'o menos é máis'".

A música e o teatro centrarán a sesión da tarde do congreso, que completará a xornada coa lectura escénica da peza O Cantar dos Cantares, de Eduardo Blanco Amor, baixo a dirección de Xulio Lago.

(26/09/01)



AXENDA DE ACTOS


  NOTICIAS ANTERIORES

Os expertos abren novas perspectivas de análise da traxectoria dos exiliados

Casares: "temos que recuperar a memoria dos exiliados e renderlles unha homenaxe"

Alonso Montero explora a figura de Curros Enríquez como autor comprometido

A aposta do Consello da Cultura Galega polo cómic acada o premio Ourense de Banda Deseñada


O Consello da Cultura Galega edita o orixinal da obra de Castelao Os dous de sempre

O Consello da Cultura Galega recolle nun libro as viñetas de Castelao publicadas en Faro de Vigo


Luisa Castro: "a literatura é máis que palabra, é sentiemnto, e a voz, o seu mellor vehículo"

O Consello da Cultura Galega promove a defensa do medio a través da banda deseñada

Clara E. Lida: "o exilio republicano supuxo máis da metade da inmigración en México"


O Consello da Cultura Galega estrea o seu novo sitio web, con información actualizada e maior interactividade, www.consellodacultura.org.

O Consello da Cultura Galega acolleu a conferencia do doutor Mario García, experto consultor no redeseño de xornais electrónicos e en papel.

 

 

Consello da Cultura Galega, 2001
Inicio | Historia | Lexislación | Seccións | Mediateca

Centro de prensa | Salón de Actos | Noticias | Boletín de novidades | Centro de Ideas | Axenda

Xornadas e Congresos| Correo

Pazo de Raxoi, 2º Andar
15704 Santiago de Compostela - Galicia - (España)
Tfno: 981 957202 | Fax: 981 957205