DIRECTORIO
Centro de prensa
Salón de Actos
Noticias
Boletín
Centro de Ideas
Axenda
Congresos

Correos

Historia
Lexislación
Composición
Seccións
Mediateca
Convocatorias
SCR
Exposicións










NOTICIAS>>NOTICIA
(16/11/01)

PRESENTADO O INFORME DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA E NORMALIZACIÓN NUN FORO EUROPEO DE LINGUAS

No marco do Ano Europeo das Linguas, Andorra acolleu o 2º Congreso Europeo sobre Planificación Lingüística, unhas xornadas que se viñeron desenvolvendo durante os días 14, 15 e ata a xornada do 16, xornada que se pechou coa participación dos coordinadores do Informe de Política Lingüística e Normalización (IPLN) en Galicia, Henrique Monteagudo e Xan Bouzada, e da coordinadora do Arquivo de Planificación e Normalización Lingüística, Susana Mayo, entre outros asistentes.

O Goberno de Andorra, a Generalitat de Catalunya e o Goberno das Illas Baleares foron os encargados de organizar este Congreso no que, ó longo de tres días e de 6 ponencias, 39 comunicacións, 16 paneis e dúas mesas redondas, tentouse fomentar a reflexión e o debate en torno á situación na que se atopan as políticas lingüísticas de linguas que polas súas características demográficas, sociais ou xurídicas requiran unha atención especial.

Do mesmo xeito, os organizadores deste congreso pretenden facilitar o intercambio de información e apuntar novas liñas de actuación en torno ós modelos teóricos e os instrumentos de planificación lingüística, analizando as experiencias prácticas máis interesantes para os especialistas que participan nestes encontros, procedentes do País Basco, Alemaña, Bélxica, Canadá, Gales, ademais de Galicia.

Situación actual do galego

A comunicación de Henrique Monteagudo e Xan Bouzada centrouse na presentación da metodoloxía, obxectivos e problemas cos que se tivo que enfrontar na elaboración do IPLN, que o Consello viña desenvolvendo desde 1998 en colaboración coa Unión Europea. Segundo os relatores o informe, que xa fora presentado en Galicia durante os V Encontros para a Normalización Lingüística, supón un instrumento de información, avaliación e reflexión sobre a situación social do galego nos últimos anos, traballo que fixo necesario solventar numerosas dificultades, “se queríamos facer algo máis alá da simple descrición de usos e coñecementos da lingualingüísticas, ofrecendo liñas de actuación”, asegurou o director do APNL, Henrique Monteagudo. Segundo Monteagudo, coa participación neste congeso, preténdese establecer intercambios e fomentar a cooperación entre organismos de investigación lingüística de Catalunya, Valencia ou Alemaña, co obxectivo de examinar os seus respectivos métodos de análise.

Pola súa parte, Susana Mayo interveu durante o Congreso para tentar achegar o traballo que o Arquivo de Planificación Lingüística (APNL) leva adiante en Galicia, facendo público os obxectivos desta entidade, os servicios e recursos que ofrece, así como o nivel de actividades que soporta, dentro do marco de defensa e promoción do galego que mantén o Consello da Cultura Galega.

Máis información do evento:

Nesta dirección pódese atopar información sobre o 2n Congrés Europeu sobre Planificació Lingüística (en catalán):

http://cultura.gencat.es/llengcat/noves/

 



AXENDA DE ACTOS


 

NOTICIAS ANTERIORES

O informe do audiovisual en Galicia 2001 apunta o "bo camiño" do sector na súa estructuración

Margarita Ledo presenta hoxe o "Informe do Audiovisual en Galicia 2001"

Manuel Portas asegura que o galego se consolida entre os hostaleiros composteláns

Miguel Strubell denuncia a discriminación lingüística na Unión Europea, "onde hai linguas de primeira e de segunda"

Os recursos para o ensino do galego centran a primeira xornada dos V Encontros para a Normalización Lingüística

A exposición "A noite está varrida da terra", premiada pola Real Sociedade Española de Física

Zubillaga afirma que os exiliados fixeron de Montevideo a capital da Galicia libre


O Congreso do Exilio recupera a memoria esquecidas das mulleres exiliadas

Expertos destacan as contribucións do teatro e da música do exilio na defensa da cultura galega

Mª Luísa Sobrino: "a Xunta debe tentar salvar a obra dos artistas galegos no exilio"


Os expertos abren novas perspectivas de análise da traxectoria dos exiliados

Casares: "temos que recuperar a memoria dos exiliados e renderlles unha homenaxe"

Alonso Montero explora a figura de Curros Enríquez como autor comprometido

A aposta do Consello da Cultura Galega polo cómic acada o premio Ourense de Banda Deseñada


O Consello da Cultura Galega edita o orixinal da obra de Castelao Os dous de sempre

O Consello da Cultura Galega recolle nun libro as viñetas de Castelao publicadas en Faro de Vigo


Luisa Castro: "a literatura é máis que palabra, é sentiemnto, e a voz, o seu mellor vehículo"

O Consello da Cultura Galega promove a defensa do medio a través da banda deseñada

Clara E. Lida: "o exilio republicano supuxo máis da metade da inmigración en México"


O Consello da Cultura Galega estrea o seu novo sitio web, con información actualizada e maior interactividade, www.consellodacultura.org.

O Consello da Cultura Galega acolleu a conferencia do doutor Mario García, experto consultor no redeseño de xornais electrónicos e en papel.

 

 

Consello da Cultura Galega, 2001
Inicio | Historia | Lexislación | Seccións | Mediateca

Centro de prensa | Salón de Actos | Noticias | Boletín de novidades | Centro de Ideas | Axenda

Xornadas e Congresos| Correo

Pazo de Raxoi, 2&ordm Andar
15704 Santiago de Compostela - Galicia - (España)
Telf: 981 56 90 20 | Fax: 981 58 86 99