DIRECTORIO
Centro de prensa
Salón de Actos
Noticias
Boletín
Centro de Ideas
Axenda
Congresos

Correos

Historia
Lexislación
Composición
Seccións
Mediateca
Convocatorias
SCR
Exposicións










NOTICIAS>>NOTICIA
(05/11/01)

O INFORME DO AUDIOVISUAL EN GALICIA 2001 APUNTA "O BO CAMIÑO" DO SECTOR NA SÚA ESTRUCTURACIÓN

A dependencia do sector audiovisual galego da CRTVG, que exerce unha forte influencia como factor dinamizador da producción audiovisual en Galicia, e o proceso de estructuración que este sector está vivindo centran o Informe do Audiovisual en Galicia 2001 que esta mañá foi presentado no Consello da Cultura Galega pola catedrática de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago, Margarita Ledo Andión.

Este informe do Observatorio Audiovisual Galego (ODA), elaborado por un equipo de investigadores do Departamento de Ciencias da Comunicación, recolle a producción audiovisual en stock entre 1999 e 2000, no que respecta á producción de ficción, documental, animación e multimedia, xa que se deixan fóra actividades coma a dobraxe, publicidade e promotoras musicais. Segundo as labores de investigación levadas a cabo durante dous anos son 107 os productos, entre obras únicas e seriadas, que son susceptibles de poder ser vendidas, o que representa unha suba do 72,5 por cento respecto do bienio estudiado anteriormente (1997-1998).

“Aínda non se pode falar de sector”
Sen embargo, tal e como indicou a directora do proxecto, "aínda estamos na fase de estructuración do sector pero existen unha serie de indicativos que poñen de manifesto que estamos no bo camiño", indicios entre os que destacou a boa rendibilidade que presentan os productos audiovisuais, o aumento dos contratos ou a grande volatilidade das empresas. A pesares disto, Margarita Ledo recalcou que aínda non se pode falar de sector porque non está recoñecido como tal polo Instituto Nacional de Estatística e o seu volume de negocio, de 8.000 millóns, aínda non é moi importante se o comparamos con outros sectores galegos, "pero xa se está tomando conciencia da necesidade de facer esta estructuración", asegurou Margarita Ledo.

Outra das conclusións que se poden extraer do Informe elaborado polo ODA é a dependencia que o sector audiovisual ten da televisión pública, algo que se pon de manifesto se se compara a situación deste sector en Galicia coa que presentan outros países da periferia atlántica como son Gales e Bretaña, cos que se comparou a estructura do sector coa pretensión de localizar esgos constitutivos. Neste sentido, a directora do ODA destacou que esta dependencia "é das productoras" porque "desenvolver estas iniciativas entra dentro das competencias da Televisión de Galicia".

O problema, a distribución
Margarita Ledo tamén puxo fincapé no feito de que un dos problemas cos que se atopa o sector audiovisual galego é a distribución, xa que hai productos moi rendibles pero que "atopan moitas dificultades para chegar a outras áreas que aínda non están abertas ou exportadas". A este respecto a profesora Ledo falou da necesidade de facer maiores investimentos na subtitulación, que é moito máis económica que a dobraxe, e que permitiría exportar productos a outras áreas "que non presentan ningún problema na comprensión dos contidos".

Este informe, no que tamén se apuntan novos camiños de investigación como a análise da programación e das audiencias, encádrase dentro do programa de investigación Tv e interculturalidade: comunicación na Periferia Atlántica, que desenvolve o Departamento de Ciencias da Comunicación da Facultade de Ciencias da Comunicación.

Durante a rolda de prensa tamén se presentou a web do Observatorio do Audiovisual Galego no que se recollen os proxectos de investigación que se están levando a cabo, encabezados polo informe que se presentaba hoxe, así como un apartado de enlaces coas distintas institucións e organismos cos que colabora o ODA entre eles, o Consello da Cultura Galega, e as bases de datos que se irán actualizando a medida que vaia chegando información sobre novas produccións audiovisuais.

 

Enlace relacionado: http://www.usc.es/xorna/oda/index.htm



AXENDA DE ACTOS


 

NOTICIAS ANTERIORES

Margarita Ledo presenta hoxe o "Informe do Audiovisual en Galicia 2001"

Manuel Portas asegura que o galego se consolida entre os hostaleiros composteláns

Miguel Strubell denuncia a discriminación lingüística na Unión Europea, "onde hai linguas de primeira e de segunda"

Os recursos para o ensino do galego centran a primeira xornada dos V Encontros para a Normalización Lingüística

A exposición "A noite está varrida da terra", premiada pola Real Sociedade Española de Física

Zubillaga afirma que os exiliados fixeron de Montevideo a capital da Galicia libre


O Congreso do Exilio recupera a memoria esquecidas das mulleres exiliadas

Expertos destacan as contribucións do teatro e da música do exilio na defensa da cultura galega

Mª Luísa Sobrino: "a Xunta debe tentar salvar a obra dos artistas galegos no exilio"


Os expertos abren novas perspectivas de análise da traxectoria dos exiliados

Casares: "temos que recuperar a memoria dos exiliados e renderlles unha homenaxe"

Alonso Montero explora a figura de Curros Enríquez como autor comprometido

A aposta do Consello da Cultura Galega polo cómic acada o premio Ourense de Banda Deseñada


O Consello da Cultura Galega edita o orixinal da obra de Castelao Os dous de sempre

O Consello da Cultura Galega recolle nun libro as viñetas de Castelao publicadas en Faro de Vigo


Luisa Castro: "a literatura é máis que palabra, é sentiemnto, e a voz, o seu mellor vehículo"

O Consello da Cultura Galega promove a defensa do medio a través da banda deseñada

Clara E. Lida: "o exilio republicano supuxo máis da metade da inmigración en México"


O Consello da Cultura Galega estrea o seu novo sitio web, con información actualizada e maior interactividade, www.consellodacultura.org.

O Consello da Cultura Galega acolleu a conferencia do doutor Mario García, experto consultor no redeseño de xornais electrónicos e en papel.

 

 

Consello da Cultura Galega, 2001
Inicio | Historia | Lexislación | Seccións | Mediateca

Centro de prensa | Salón de Actos | Noticias | Boletín de novidades | Centro de Ideas | Axenda

Xornadas e Congresos| Correo

Pazo de Raxoi, 2&ordm Andar
15704 Santiago de Compostela - Galicia - (España)
Telf: 981 56 90 20 | Fax: 981 58 86 99