MARGARITA
LEDO PRESENTA O "INFORME DO AUDIOVISUAL GALEGO"
Margarita Ledo, catedrática de Comunicación Audiovisual
da Facultade de CC. da Comunicación da Universidade de
Santiago de Compostela, presentará os resultados do Informe
do Audiovisual en Galicia 2001 e o Catálogo de Produccións
Audiovisuais 1999-2000.
O Informe
recolle a actividade audiovisual en Galicia durante o bienio 1999-2000
e analiza os custes de producción de productos de ficción
e documentais, o tipo de produccións e o número
de horas producidas.
O Observatorio
do Audiovisual (ODA) forma parte do programa TV e Interculturalidade:
Comunicación na Periferia Atlántica do Departamento
de CC. da Comunicación da Universidade de Santiago. O ODA
ten por obxecto o seguemento sistemático da producción,
modo de financiamento e circulación das obras cinematográficas
e audiovisuais galegas, a súa catalogación, e a
actualización permanente dunha base de datos e documental
arredor desta ponla da industria da comunicación e da cultura.
Na presentación
tamén se fará pública a web da entidade,
dende a que se accede á descarga de toda a documentación.
Os parceiros do ODA son a Compañía de Radio Televisión
de Galicia e o Consello da Cultura Galega.
Enlace
relacionado: http://www.usc.es/xorna/oda/index.htm