----

Concluíron as Xornadas de análise e debate sobre o estado da cuestión da Arte Contemporánea en Galicia

O Consello da Cultura Galega acolleu os días 12-13 e 18-19 de abril unhas xornadas de análise e debate sobre o estado da cuestión da Arte Contemporánea en Galicia. Organizadas pola Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas, que coordina María Luísa Sobrino, as xornadas reflexionaron sobre a creación artística, os labores de intermediación, o papel das institucións e o mercado. Os debates, aos que asistiron cada día unas corenta persoas, puideron tamén seguirse en directo, vía streaming, en: www.consellodacultura.org

Publicamos deseguido o programa completo das xornadas.

CREACIÓN
A primeira mesa redonda tivo lugar o xoves 12 de abril e analizou o tema “A Creación e os artistas”.
Intrerviron catro artistas visuais: Mar Caldas, Ángel Cerviño, Suso Fandiño e Loreto Martínez Troncoso. Moderou: Seve Penelas, crítico de arte e comisario de exposicións.

INTERMEDIACIÓN
O venres, 13 de abril o tema foi “A intermediación” (comisariado, crítica e formación).
Falaron os comisarios e críticos Xosé Manuel Buxán Bran, Pedro de Llano Neira e Juan de Nieves e o profesor da Universidade de Santiago, Miguel Anxo Rodríguez. Moderou: Camilo Franco, escritor e xornalista cultural.

INSTITUCIÓNS
O mércores 18 de abril o debate abordou o papel das institucións (espazos, progrmaación e xestión).
Interviron: Juan Carlos Fernández Fasero, director de AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais); Silvia Longueira, directora da Fundación Luís Seoane; Iñaki Martínez, director do MARCO (Museo de Arte Contemporánea de Vigo, e Miguel von Hafe, director CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea). Moderou: Federico López Silvestre, profesor de Historia das Ideas Estéticas da Universidade de Santiago.

MERCADO
A cuarta mesa redonda o xoves 19 de abril reflexionou sobre o mercado (coleccionismo, feiras e galerías).
Interviron: as galeristas Nurias Blanco, Marta García-Fajardo e Asunta Rodríguez e Sofía Santos, vicepresidenta do Padroado do CGAC. Moderou Seve Penelas, coordinador do ciclo xunto con Natalia Poncela e María Luísa Sobrino, catedrática de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela.