----

Xornadas sobre Igualdade: Ramón Maiz vencellou igualdade, sustentabilidade e cidadanía ecolóxica para superar o deterioro e a fragmentación do presente

As “Xornadas sobre Igualdade”, comezaron hoxe no Consello da Cultura Galega coa aposta que Miguel Maiz, profesor da Universidade Santiago de Compostela, fixo por “unha reflexión igualitarista da sustentabilidade e unha reflexión sustentable da igualdade”. Trátase de vencellar os conceptos de igualdade, sustentabilidade e cidadanía ecolóxica “para superar o deterioro e a fragmentación do presente”. Nas sesións, organizadas pola Sección de Pensamento e Sociedade, do Consello da Cultura Galega, intervirán mañá os profesores Daniel Raventós. Ignacio Sotelo e Giacomo Marramao, das universidades de Barcelona, Berlín e Roma, respectivamente.

Abogou Ramón Maiz por un cambio de cultura e de ethos para unha perspectiva igualitaria, partindo da igualdade como condición para a liberdade, a xustiza e a democracia. Rexeitou a neutralidade do Estado fronte a estes desafíos e apelou á responsabilidade da cidadanía, a cidadanía ecolóxica.
Na sesión da mañá falou tamén Marta Nunes da Costa (Universidade do Minho), que analizou as dinámicas de igualdade, participación e inclusión a través da experiencia do “orzamento participativo”.
Pola tarde, Juan Ramón Capella (Universidade de Barcelona) reflexionou sobre a construcción da noción de igualdade desde a Ilustración e a Modernidade e a súa evolución ata a situación de crise “en que ese discurso se encontra agora”.
Finalmente, Marta Lois (Universidade de Santiago de Compostela) falou sobre “Igualdade, poder e saber: o debate feminista no seo da ciencia política”.
As xornadas convocan á reflexión sobre tres ámbitos de problemas arredor dun concepto medular de todo o pensamento político: os distintos campos de aplicación, a pluralidade de criterios na súa concepción e a situación actual do concepto de igualdade. Foron inauguradas polo Presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, xunto con María Xosé Agra e Jorge Álvarez Yágüez, responsables da coordinación do programa.

MAÑÁ, RAVENTÓS, SOTELO E MARRAMAO

As sesións continuarán mañán, venres, mañá e tarde, con outros tres relatorios e os debates correspondentes.
10´30 h.- Daniel Raventós (Universitat de Barcelona): “La igualdad como condición de la libertad. Cómo garantizar la existencia material a toda la población”.
12´30 h.- Ignacio Sotelo (Freie Universität Berlín): “Libertad (liberalismo) versus igualdad (democracia social)”.
16´30 h.- Giacomo Marramao (Univeersità degli Studi Roma Tre): “”Eguaglianza e differenza. Per una crita della democrazia identitaria”.
Por razóns persoais houbo de ser anulado o relatorio de Lina Gálvez (Universidade Pablo Olavide, de Sevilla).