----

Javier Moscoso falará mañá sobre a ambición no ciclo O(s) Sentido(s) da(s) Cultura(s)

O doutor en Filosofía Javier Moscoso ofrecerá mañá (xoves 11, ás 17:00 horas) no Consello da Cultura Galega un relatorio que aborda a construción cultural da ambición, así como as súas repercusións en ámbitos como o da saúde ou o da historia. A cita titúlase "Promesas incumplidas. Una historia cultural de la ambición" e forma parte do marco do ciclo O(s) Sentido(s) da(s) Cultura(s) que coordina o profesor Ramón Máiz.