Idiomas: Español / English
Pazo de Raxoi, 2º andar
15705 Santiago - A Coruña
Tel.: +34 981957202
Directorio de contactos

"As computadoras cambiarán notablemente o traballo dos lingüistas nos vindeiros anos", segundo o catedrático da USC e académico Guillermo Rojo
26/02/2008

<em>Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2008.</em>- "O traballo dos lingüistas mudará significativamente nos anos vindeiros como consecuencia do impacto das tecnoloxías da información, da computación", explicou hoxe o catedrático de Lingua Española da Universidade de Santiago e numerario da Real Academia Española, Guillermo Rojo, na conferencia que sobre "Corenta anos de investigación en lingüística" pronunciou no Consello da Gultura Galega, dentro do ciclo de "Palestras maxistrais".

<!--more-->

Guillermo Rojo destacou o feito do máis que abondoso cuadal de datos a disposición dos lingüistas, circunstancia que non permite prescindir doutros traballos e, dende logo, da investigación básica.
O conferenciante referiuse ás dimensións da lingüística informática, da lingüística computacional e da tecnoloxía lingüística que, en calquera caso, depende dos coñecementos desa lingua e do seu nivel de informatización. "De aí as diferencias de coñecementos entre diferentes linguas", dixo.
Guillermo Rojo, quen foi presentado polo Rector da Universidade de Santiago, Senén Barro, dedicou a primeira parte da súa conferencia a evocar a evolución dos estudios da lingüística, mesmo antes da súa implantación nesta Universidade, unha etapa que en boa medida coincidiu tamén coa súa formación universitaria e coa súa especialización na materia.

Á conferencia, xunto con numeroso público, asistiu tamén a Secretaria Xeral de Política Lingüística, María Sol López Martínez.


CIENCIA E CULTURA

Co ciclo "Palestras maxistrais", iniciado o pasado 10 de xaneiro, o Consello da Cultura Galega pretende que os ámbitos científico e cultural tendan pontes que lles permitan compartir camiños e experiencias. A iniciativa conta coa colaboración da Dirección Xeral de I+D+i da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia e das tres universidades galegas.
O Consello, que este ano cumple e celebra os seus primeiros 25 anos (1983-2008), ven subliñando o feito de que os ámbitos científico e cultural camiñaron sempre da man e que a ciencia constitúe un elemento esencial da cultura que serve para achegar ideas ás grandes problemáticas de todos os tempos. Este é o punto de partida do ciclo de “Palestras maxistrais”, nacido coa pretensión de que grandes expertos do sistema científico e universitario do noso país compartan a súa visión da evolución cultural e científica de Galicia dende cadansúa disciplina.
O próximo conferenciante deste ciclo será o arquitecto Manuel Gallego Jorreto.

imprimir enviar por correo electrÓnico
COMPARTIR
ÚLTIMAS NOTICIAS

30-M.- Katlenn March e Jonathan Dunne, na cuarta xornada do congreso “Rosalía no século XXI”, que analizará a proxeción internacional da escritora
Santiago de Compostela, 2013-05-24

Máis de 200 persoas seguiron en Bonaval o Concerto “Día das Letras Galegas”, música e palabra arredor dos “Cantares Gallegos” rosalianos
Santiago de Compostela, 2013-05-16

O Consello da Cultura inaugurou en Ourense a exposición “Un canto e unha luz na noite. Asociacionismo cultural en Galicia (1961-1975)”
Santiago de Compostela, 2013-05-08

Ramón Villares falou en Munich sobre “O exilio republicano español. Luces e sombras da España Peregrina”
Santiago de Compostela, 2013-05-06

O Consello da Cultura Galega presentou o libro-homenaxe a Roberto Vidal Bolaño co facsímile da peza teatral inédita “Ruada das papas e o unto”
Santiago de Compostela, 2013-05-02

Xornada de debate sobre “Artes Escénicas: situación e perspectivas” con intervencións de Eduardo Alonso e Manuel F. Vieites
Santiago de Compostela, 2013-04-30

A exposición “Nós mesmos. Asociacionismo galego na emigración”, inaugurouse o 1 de maio en Arbo
Santiago de Compostela, 2013-04-30

Investigación »

ARQUIVO DE COMUNICACIÓN
Estudios de Comunicación

A primeira publicación científica sobre o sector creada en Galicia
Documentación »

ARQUIVO SONORO DE GALICIA
Vento que zoa

A sección de Música e Artes Escénicas do Consello da Cultura Galega procura a complicidade de todos e mostra unha selección dos nosos compositores
Documentación »

ARQUIVO DA EMIGRACIÓN GALEGA
ESTUDOS MIGRATORIOS: revista galega de análise das migracións. Nova Xeira

Revista científica coeditada polo Consello da Cultura Galega e a Universidade de Santiago de Compostela (USC)
Investigación »

CENTRO DE DOCUMENTACIÓN SOCIOLINGÜÍSTICA DE GALICIA
LINGUA EN TITULARES

Consulta as novas, opinións e reportaxes sobre o galego na prensa dixital sen cambiar de páxina. Coñece tamén o que se di no Twitter sobre a nosa lingua

MAPA INTERACTIVO

MAPA INTERACTIVO »
Equipamentos culturais
MAPA INTERACTIVO »

MAPA INTERACTIVO

As escolas da Emigración
Recuperación do legado educativo da emigración

ROTEIROS

ROTEIROS »
Roteiros da Cultura
Viaxes temáticas a redor do noso territorio
  • O Mapa Cultura Galego é un amplo directorio de equipamentos e infraestruturas culturais en toda Galicia, xeolocalizadas

Identidade | Perfil do contratante | Lei de Transparencia | Pazo de Raxoi, 2º andar - 15705 Santiago de Compostela - A Coruña. Teléfono: +34 981957202 Fax: +34 981957205

    Acción exterior do Consello da Cultura Galega

  • Convenios e colaboracións
  • Exposicións
  • Recuperación documental
  • Centros de estudos galegos
  • Congresos da AIEG