----

O Consello da Cultura Galega colabora na doazón do legado de Pérez Prado

Antonio Pérez Prado (Bos Aires, 1926-2009) foi un médico arxentino, fillo de galegos, que mantivo unha fecunda actividade a prol da cultura galega en Bos Aires. O material así como a correspondencia que mantivo cos intelectuais galeguistas, tanto do exilio exterior como do interior, axudan a comprender a presenza galega en Arxentina. Un legado que acaba de depositar na Fundación Penzol a súa filla, Aixa Pérez Prado, cumprindo coa expresa vontade do seu pai e no que colaborou o Consello da Cultura Galega.
O Consello da Cultura Galega colabora na doazón do legado de Pérez Prado

O material que se deposita na Fundación Penzol abranguen unhas 113 caixas que inclúen material de moi diverso tipo, como a correspondencia con persoeiros como Eduardo Blanco Amor, Domingo García Sabell, Isaac Díaz Pardo; a publicación Los gallegos y Buenos Aires, que o propio Pérez Prado escribiu nos setenta destinado a explicar Galicia aos descendentes dos galegos habitantes de Bos Aires para que coñeceran a historia da terra da que procedían os seus devanceiros; ou o mecanosescrito de Fernando Iglesias “Tacholas”, coñecido actor galego en Arxentina, sobre a vida de Castelao en Buenos Aires.

As xestións realizadas polo Consello da Cultura Galega para que o legado de Pérez Prado estea en Galicia a disposición de investigadores e da sociedade, encádranse na liña de traballo da institución de colaborar con outras entidades na localización, conservación e recuperación do patrimonio documental.