----

Michael Keating falará este xoves sobre “A independencia de Escocia” no CCG

O profesor Michael Keating, un dos académicos escoceses máis reputados, falará o xoves 20 de febreiro ás 17 h. no Consello da Cultura Galega sobre un tema de gran actualidade: “A independencia de Escocia”. Farao dentro do ciclo “Desafíos políticos En Europa 2014”, coordinado por Antón Baamonde. Keating é profesor da Universidade de Aberdeen e é o director do Scottish Centre for Constitutional Change, un consorcio de equipos de cinco institucións que examinan os aspectos emerxentes do cambio constitucional escocés.