----

O CCG propón un pacto polas artes escénicas que involucre a sector e institucións

O CCG fixo público o informe “As artes escénicas en Galicia: situación e perspectivas”, elaborado por unha comisión designada pola sección de Música e Artes Escénicas do CCG. No informe realízase unha análise da situación do sector das artes escénicas nos seus diferentes ámbitos e fanse unha serie de propostas de política cultural para os vindeiros anos.


Descargue o informe

“O sistema teatral galego presenta tantas potencialidades como eivas”, sinala o informe, “derivando a maioría destas da carencia dunha política que debería propiciar a elaboración dun Plan Estratéxico deseñado e consensuado con todos os axentes sociais, pero tamén con todas as administracións, entidades e institucións do campo”.
Segundo o informe, as artes escénicas en Galicia “viven unha situación sumamente interesante” no que a comisión destaca variables como a “mellora da calidade, diversidade nas orientacións estéticas ou desenvolvemento dunha dramaturxia propia”. O informe tamén sinala a implementación de iniciativas formais ou non formais de formación de capital humano.
O informe sinala entre as accións estratéxicas necesarias para activar o sector das artes escénicas en Galicia a creación dun plan específico de financiamento, a creación dun novo modelo de axudas ao teatro “quen contemple a posibilidade de elaborar proxectos plurianuais, anuais ou circunstanciais, de xeito que as compañías poidan establecer proxectos a longo prazo, ou a elaboración dun plan de activación escénica de espazos escénicos musicais”.