----

18 de decembro, DÍA INTERNACIONAL DO MIGRANTE

O Arquivo da Emigración Galega súmase á conmemoración do Día Internacional das persoas migrantes. Na Declaración do Diálogo de Alto Nivel sobre o a Migración Internacional e o Desenvolvemento, a Asemblea Xeral de Nacións Unidas recoñece que "a migración internacional é unha realidade pluridimensional que incide sobremaneira no desenvolvemento dos países de orixe, tránsito e destino. É unha cuestión intersectorial que debe abordarse de forma coherente, ampla e equilibrada, integrando o desenvolvemento coa debida consideración ás dimensións social, económica e ambiental e ao respecto dos dereitos humanos"
18 de decembro, DÍA INTERNACIONAL DO MIGRANTE

O número de migrantes internacionais a nivel mundial tradúcese en 232 millóns de persoas, cifra alcanzada en 2013. As economías tanto de países desenvolvidos como en vías de desenvolvemento precisan dos migrantes para satisfacer as súas demandas laborais nos distintos sectores. Moitas persoas teñen medios para trasladarse, vivir e traballar en condicións dignas e seguras. No entanto, outros vense obrigados a abandoar os seus lugares de orixe debido a causas de extrema pobreza, persecucións de distinta índole, violacións dos dereitos humanos, conflitos armados, etc. Isto xenera unha serie de mecanismos relacionados coa explotación, discriminación e xenofobia. Aspectos nos que os Estados Membros ONU ven traballando desde hai varias décadas.