Idiomas: Español / English
Pazo de Raxoi, 2º andar
15705 Santiago - A Coruña
Tel.: +34 981957202
Directorio de contactos

A paisaxe é un concepto antropocéntrico e actualmente o seu interese ten unha importancia crecente e unha indubidable relevancia
08/05/2008

<img src="http://consellodacultura.org/files/2008/05/pineda_rota_lopez.jpg" alt="pineda_rota_lopez.jpg" />

<div id="pedefoto"><em>Francisco Díaz Pineda, X.A. Fernández de Rota, Xulio López e Federico López Silvestre, durante a primeira sesión do foro. Foto: CCG</em></div>

<em>Santiago de Compostela, 8 de maio de 2008</em>.- "A paisaxe é un concepto antropocéntrico e un dos recursos naturais e culturais que sustentan a humanidade e actualmente o seu valor e o seu interese teñen unha importancia crecente". Francisco Díaz Pineda, catedrático de Ecoloxía da Universidade Complurense de Madrid, expresouse así no seu relatorio "A ecoloxía da paisaxe", incluído no foro de debate <a href="http://consellodacultura.org/?page_id=411">"Olladas críticas sobre a paisaxe"</a>, iniciado onte e que esta tarde concluirá, logo das intervencións de profesores e investigadores de universidades de Galicia, España, Portugal, Francia e Italia. Trátase do segundo dos seis organizados polo Consello da Cultura Galega ó longo de 2008 para conmemorar os seus 25 anos (1983-2008).

<!--more-->

Para o profesor Díaz Pineda non hai dúbida de que, no contexto do chamado medio ambiente, a paisaxe -unha decantación física, biolóxica e cultural- é un compoñente que ten cada vez maior relevancia e pode comprenderse e explicarse en gran medida como unha consecuencia da actividade humana. "Toda a paisaxe planetaria ten actualmente un fortísimo compoñente cultural con raíces históricas máis ou menos acusadas. É curioso que, particularmente en Europa, as paisaxes agrarias -agrícolas, gandeiros, agropecuarios, forestais, silvopastorais- e industriais experimentaran na historia recente unha intensa transformación directamente asociada a cambios sociais tamén intensos", afirmou.


O relator plantexou a necesidade de artellar modelos nos que ensaiar o que chamou escenarios de cambio para implementar as políticas de conservación da paisaxe nas que formalmente se comprometeron os gobernos europeos. "A paisaxe é un recurso importante, dixo, e o cambio está ocorrindo vertixinosamente non só en Europa. a variable dependente non é a paisaxe, senón que, dacordo con cada circunstancia, pode suceder o contario e a preocupación polo cambio climático ten hoxe unha actualidade evidente potenciada por toda caste de comunicados catastrofistas".

En calquera caso, ese cambio é global e non implica só o clima nin as solucións deben orientarse só con esa perspectiva porque "o cambio é estrutural, socioeconómico, cultural e a referencia da paisaxe é necesaria nos escenarios para fundamentar a acción".

Pola súa parte, Xosé Antonio Fernández de Rota, catedrático de Antropoloxía Social da Universidade da Coruña, no seu relatorio "Dinámicas morais e simbólicas da construción da paisaxe", precisou: "A nosa paisaxe íntima de antropólogos non foi nunca tan bucólica e apacible como a súa evocaciòn exótica parece suxerir. A paisaxe é tan intensamente dramática como a propia vida humana; só entendemos a paisaxe co vivir dos nosos corpos e non pode haber corpos vivos sen paisaxe".

Caroline Domingues, profesora da Universidade Blaise-Pascal de Clermont-Ferrand (Francia), reflexionou sobre "Paisaxe e identidade en Galicia" e aludiuna como "elemento clave para identificar a diferenciar". Lembrou que os teóricos do galeguismo trataron a paisaxe máis alá da súa dimensión puramente xeográfica, "como un elemento central da personalidade galega, elemento a partir do que se desenvolveron unha estética, unha cultura, unha organización política, mesmo un carácter galego identificable e único. Segundo eles, a paisaxe é civilización, fonte de poesía, de literatura e de expresión artística".

Carolina Domingues argumentou baseándose en dúas obras esenciais do pensamento nacionalista galego: "Teoría do nacionalismo galego", de Vicente Risco e "Sempre en Galiza", de Castelao.


AS SESIÓNS DO DÍA 9

O foro de debate continuará o venres, día 9, a partir das dez da mañá no salón de actos do Consello da Cultura Galega.

A esa hora intervirán con relatorios e debates sobre “O catálogo das paisaxes ibéricas”, Rafael Mata, catedrático de Xeografía da Universidade de Madrid; Pablo Ramil, profesor de Bioloxía da Universidade de Santiago e director do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural , e Augusto Pérez Alberti, catedrático de Xeografía da Universidade de Santiago. Para as 11´30 horas está prevista a ponencia, “A percepción da paisaxe desde o mundo rural”, de Pierre Donadieu, agrónomo e xeógrafo, director de investigación da Escola Nacional Superior de Paisaxe de Versalles, e de Albino Prada, profesor de Economía da Universidade de Vigo. O tema “Paisaxe e memoria” será abordado, a partir das 16 horas, por Raffaele Milani, profesor de Estética da Universidade de Boloña, e Marcial Gondar, catedrático de Antropoloxía Social da Universidade de Santiago. Por último, ás 17´30 horas, a última sesión sobre o tema “Paisaxe e sentido do lugar” situará na tribuna a Joan Nogué, catedrático de Xeografía e director do Observatorio da Paisaxe de Cataluña, e a Jacobo García Álvarez, profesor de Xeografía da Universidade Autónoma de Madrid.

Para as 19´30 horas está previsto o acto de clausura.

imprimir enviar por correo electrÓnico
COMPARTIR
ÚLTIMAS NOTICIAS

30-M.- Katlenn March e Jonathan Dunne, na cuarta xornada do congreso “Rosalía no século XXI”, que analizará a proxeción internacional da escritora
Santiago de Compostela, 2013-05-24

Máis de 200 persoas seguiron en Bonaval o Concerto “Día das Letras Galegas”, música e palabra arredor dos “Cantares Gallegos” rosalianos
Santiago de Compostela, 2013-05-16

O Consello da Cultura inaugurou en Ourense a exposición “Un canto e unha luz na noite. Asociacionismo cultural en Galicia (1961-1975)”
Santiago de Compostela, 2013-05-08

Ramón Villares falou en Munich sobre “O exilio republicano español. Luces e sombras da España Peregrina”
Santiago de Compostela, 2013-05-06

O Consello da Cultura Galega presentou o libro-homenaxe a Roberto Vidal Bolaño co facsímile da peza teatral inédita “Ruada das papas e o unto”
Santiago de Compostela, 2013-05-02

Xornada de debate sobre “Artes Escénicas: situación e perspectivas” con intervencións de Eduardo Alonso e Manuel F. Vieites
Santiago de Compostela, 2013-04-30

A exposición “Nós mesmos. Asociacionismo galego na emigración”, inaugurouse o 1 de maio en Arbo
Santiago de Compostela, 2013-04-30

Investigación »

ARQUIVO DE COMUNICACIÓN
Estudios de Comunicación

A primeira publicación científica sobre o sector creada en Galicia
Documentación »

ARQUIVO SONORO DE GALICIA
Vento que zoa

A sección de Música e Artes Escénicas do Consello da Cultura Galega procura a complicidade de todos e mostra unha selección dos nosos compositores
Documentación »

ARQUIVO DA EMIGRACIÓN GALEGA
ESTUDOS MIGRATORIOS: revista galega de análise das migracións. Nova Xeira

Revista científica coeditada polo Consello da Cultura Galega e a Universidade de Santiago de Compostela (USC)
Investigación »

CENTRO DE DOCUMENTACIÓN SOCIOLINGÜÍSTICA DE GALICIA
LINGUA EN TITULARES

Consulta as novas, opinións e reportaxes sobre o galego na prensa dixital sen cambiar de páxina. Coñece tamén o que se di no Twitter sobre a nosa lingua

MAPA INTERACTIVO

MAPA INTERACTIVO »
Equipamentos culturais
MAPA INTERACTIVO »

MAPA INTERACTIVO

As escolas da Emigración
Recuperación do legado educativo da emigración

ROTEIROS

ROTEIROS »
Roteiros da Cultura
Viaxes temáticas a redor do noso territorio
  • O Mapa Cultura Galego é un amplo directorio de equipamentos e infraestruturas culturais en toda Galicia, xeolocalizadas

Identidade | Perfil do contratante | Lei de Transparencia | Pazo de Raxoi, 2º andar - 15705 Santiago de Compostela - A Coruña. Teléfono: +34 981957202 Fax: +34 981957205

    Acción exterior do Consello da Cultura Galega

  • Convenios e colaboracións
  • Exposicións
  • Recuperación documental
  • Centros de estudos galegos
  • Congresos da AIEG