----

Madrid celebra o 150 aniversario de "Cantares Gallegos"

O Instituto Cervantes, o Consello da Cultura Galega e a Xunta de Galicia organizan os próximos 22, 23 e 24 de outubro na sede central do Instituto Cervantes en Madrid, unha homenaxe á poeta e novelista Rosalía de Castro con motivo dos 150 anos da publicación da súa emblemática obra «Cantares galegos». Conferencias, debates e un concerto a cargo de Amancio Prada son os actos que se realizarán.
Madrid celebra o 150 aniversario de

O ciclo Rosalía de Castro: Tradición e modernidade componse dun conxunto de conferencias, coordinadas polo crítico Anxo Basanta, nas que intervirán os poetas Luis García Montero, Luis Alberto de Cuenca e Arcadio López Casanova, e os escritores Carlos Reigosa e Mariña Maioral. Ao ciclo súmaselle un concerto do compositor e cantante Amancio Prada sobre a obra de Rosalía de Castro.

Luis García Montero, Premio Nacional de Poesía, será o encargado de realizar a conferencia inaugural o 22 de outubro, ás 19.00 h. Posteriormente, ás 20.30 h, o compositor e cantante Amancio Prada pechará a xornada cun concerto en homenaxe á escritora galega.

A entrada ás actividades é libre ata completar o aforamento.

Programa do ciclo

Martes 22 de outubro

Inauguración:

1. Conferencia de Luis García Montero (19.00 h). Poeta e catedrático da Universidade de Granada. «Rosalía de Castro e a poesía española contemporánea».

2. Concerto de Amancio Prada (20.30 h).

Mércores 23 de outubro

3. Conferencia de Arcadio López Casanova (19.30 h). Poeta e catedrático da Universidade de Valencia. «Rosalía de Castro e a poesía galega contemporánea».

Xoves 24 de outubro

4. Mesa redonda: «Rosalía de Castro: a súa vida e a súa literatura» (19.30 h):

-Luis Alberto de Cuenca. Poeta. Consello Superior de Investigacións Científicas.

-Mariña Mayoral. Escritora e catedrática da Universidade Complutense de Madrid.

-Carlos Reigosa. Escritor.

Modera: Ángel Basanta. Presidente da Asociación Española de Críticos Literarios.

Data e hora: 22 de outubro (19.00 h e 20.30 h), e 23 e 24 de outubro (19.30 h).

Máis información no Instituto Cervantes