----

Xa está dispoñible a última conferencia de Os Sentidos das Culturas, de José Luís Villacañas

<img src="http://consellodacultura.org/mediateca/files/2008/05/villacanas_mediateca.jpg" alt="" hspace="15" align="left">José Luís Villacañas Berlanga tratou nesta conferencia, celebrada o pasado 22 de maio, sobre a hipertrofia da memoria, que segundo el “sería un intento desesperado por vivir nun escenario familiar para escapar dun futuro completamente estraño”. O profesor Villacañas recordou que a memoria é un vello mecanismo evolutivo destinado a mellorar as prestacións dos organismos, e a súa traducción biolóxica é a memoria inmunolóxica.

<ul>
<li><a href="http://consellodacultura.org/mediateca/?p=326">Pode escoitar a conferencia desde a Mediateca do Consello da Cultura Galega</a>.</li>
</ul>